Documento sin título

 
Google

 

 

 

O Coordinador Nacional, logo de informar ó Presidente do PG, Xesús Manuel Suárez, convoca reunión ordinaria da Executiva Nacional para o sábado día 20 ás 10.30h en 1ª convocatoria e ás 11h. en 2ª convocatoria, en Sada, no Hotel Sada Marina, coa seguinte Orde do Día:

1.- Lectura e aprobación, no seu caso, da acta da reunión anterior

2.- Informe do Coordinador Nacional e das distintas Secretarías, análise e avaliación dos contactos recentes e resolucións que procedan.

3.- Candidaturas e candidatos Galeguistas para as Eleccións Municipais do 2011, informe de situación nos Concellos nos que o PG conta con representación ou presentouse candidatura nas anteriores municipais, analise e avaliación; asimesmo, tendo en conta o antecedente das Municipais do 2007, que trasladaron ó electorado destas cidades unha imaxe adulterada do ideario e praxe política Galeguista, elaboración dun programa de traballo específico para a conformación da candidatura e designación dos candidatos Galeguistas en Vigo e A Coruña.

4.- Convocatoria do Consello Galeguista

5.- Proposta ó Consello Galeguista de reaxustes na Executiva Nacional.

6.- Rogos e preguntas.

Asdo: Francisco López

Coordinador Nacional do PG


En outubro do ano pasado, o Progreso de Lugo publicaba unha entrevista –posibelmente a derradeira que concedeu- que Cristina Arias fixolle a Antón Moreda. Verbas históricas, sentidas e caviladas, dun Antón Moreda que proclamaba con orgulo a sua inequívoca vinculación militante ó noso Partido Galeguista .   

¿Que queda do galeguismo que viviu vostede en Bos Aires?

Moitos regresamos, seguimos sendo galeguistas ó máximo e se tiveramos a oportunidade declararíamos a independencia. Seguimos tendo ideais e conseguimos enraízalos de volta. Pero hoxe falta formación galeguista. Hai algo de historia, saben que vimos das Irmandades da Fala, pero non hai asumida unha conciencia galega. Cos anos a sociedade terminará esmagando ó galeguismo. Hoxe hai que diferenciar un galeguismo, o que sinte ese amor incondicional por Galicia, os que nacimos nela, loitamos por ela e morreremos nela. E outro, o político, que é a reconstitución do Partido Galeguista, no que hai de todo.

¿Cal é o futuro do nacionalismo?

Para min está condicionado pola actuación do actual Partido Galeguista, que pide o voto á xente de clase media, pero ás veces esquéncese de que o nacionalismo galego é de esquerdas.

Pese ó seu traballo polo galeguismo é alguén descoñecido para moita xente. ¿Cree que a historia non lle deu o seu lugar?

O Partido Galeguista ten que tomar cartas non somentes na miña actuación, senón ter en conta a moitos que loitaron polo galeguismo mentras eles estudiaban ou traballaban. a obrigación actual do partido, que está bastante moderado, é non esquencerse de xente como Alonso Ríos, Ánxel Fole e moitos outros que levaron o galegusimo ó último extremo.

¿Se lle deran a oportunidad, participaría activamente en política?

Se a miña saúde o permite si. Estou afiliado ó Partido Galeguista. Pero teño un montón de diagnósticos, tratamentos.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal