Xabier González

Viduedo (Ourense), 26-03-1.958

 

Tfno de contacto: 653 252 771

Enderezo electrónico: xabier@partido-galeguista.org

ID en messenger yahoo: partidogaleguista

Enderezo postal: Apartado 98,

32.080-OURENSE

 

Militante do P.G. desde o ano 1.978, integrante do grupo que constituiu o P.G. en Ourense cidade e no que estaban Luis Taboada, Luis Rivas Villanueva, Breogán, Vilamarín, Agustín Mouriño e Agustín Madarnás.  

Secretario da Agrupación de Ourense, membro fundador xunto con Rosa Núñez  da Agrupación de O Carballiño, membro do Consello Nacional do P.G. entre os anos 1.979 e 1.983

Participa como delegado no congreso de Poio e presenta unha iniciativa ecoloxista que se engade a ponencia de liña política do PG aprobada no congreso de Lugo.

Participa no proceso xestor do pacto para as municipais entre o P.G. e Centristas de Ourense, que é a orixe da futura Colición Galega

Promotor dos Colectivos Galeguistas, 1.984, que se opuxeron a desaparición do P.G. para integrarse en Coalición Galega.

Ponente e relator liña política recollida no Manifesto de  Concordia Nacionalista”, V Congreso, 1.985

Vicesecretario Xeral do P.G., 1.985, encargado das Relacions Políticas; participa en varios encontros coa dirección do Partido Nacionalista Vasco, de Unió Democrática de Catalunya e xuntanzas con diferentes partidos nacionalistas e rexionalistas do estado Español. O PG consolida as relacións co PNV e con Unió Democrática de Catalunya e relanzase GALEUZCA como eixo da cooperación; así mesmo, promovese a celebración por primeira vez do “Día da Galiza mártir” ou “Día dos mártires da Galiza”.

Candidato ó Senado por Ourense, 1.986, pola Plataforma Galeguista e da E.U.

En virtude do pacto de colaboración entre o P.G. e o PNG, membro da Executiva Nacional e do Consello Nacional do PNG-PG, 1.988-1.989

Co-redactor do "Manifesto Nacionalista", 5 Decembro 1.988, que resumía a liña ideolóxica do PNG-PG

Membro fundador de "ARENGA - Asociación para a Renovación e Espallamento do Nacionalismo Galego”.

Promotor das Coordinadoras Galeguistas, 1.989, que se opuxeron a política de converxencia do PNG-PG co BNG e denunciaron o pacto co PNG, 1.990, recuperando  a autonomía do P.G. como formación política

Redactor do manifesto 59 anos de galeguismo, sempre por Galiza”, VII Congreso, 1.991

Presidente do Consello Nacional do P.G., 1.991-2.004

Integrante da candidatura por Vigo nas municipais de 1.991. O P.G. concorre as eleccións municipais dese ano presentando candidaturas en Ourense, Lugo, Coruña, Pontevedra e Vigo.

Redactor do manifesto “Galeguismo, a Identidade”, Decembro 2.003

Ponente dos relatorios de reforma para o  “Estatuto da Nacionalidade Histórica de Galicia” e “Identidade Galega”, no VIII Congreso do PG.

Elexido por aclamación Presidente do P.G., do Consello e do Senado Galeguista no VIII Congreso do P.G. (Pontevedra, 13 Novembro 2004).

  •  Actividade Cultural: Padrón fundador da “Fundación Alexandre Bóveda”, de varias  Asociacións Culturais, grupos teatrais, revistas e colectivos relacionados coa creación literaria.   Promotor e membro fundador dos "Ateneos Galeguistas" de Ourense, Santiago, Lugo, Narón, A Coruña, Redondela e Arousa.

  • Escritor, Membro de honra da AEM (Asociación de Escritores de Mérida, Venezuela), como novelista ten publicadas tres novelas ("Muddayan", El Efecto Doppler” e “La memoria de los triángulos”), como narrador publicou dous libros (“Escritos da Nación Proibida”  e “Corsario de ciudad”), no eido da poesía publicou dúas antoloxías (“Nas corredoiras do íntimo estronicio” e “Juegos de Olvido”), como dramaturgo leva estreado  nove guións teatrais (“Espada ó prato”, “Keltike”, “Cantigas para unha guerra”, “Petra e Karim”, “O papamoscas vexetariano”, “Cristophorus Columbus”, “Nanta Enac Luf”, “Nemet ou o canto de sol do canto de sombra” , “Altariac Eirin”), autor convidado nas publicacións colectivas : “Antología Internacional Sensibilidades” (volumes II, III, IV, V e VI) e “Palabras Mansas, Antología Internacional de narrativa”, "Antología internacional de poesía erótica" e "Antología Internacional de relato de humor", así mesmo ten prologado libros de varios autores de distintos países, participou como actor no longametraxe galego “Fresas Amargas”. Os seus libros levan sido presentados en lugares tan emblemáticos como a Casa de América (Madrid), o Centro Cultural General San Martín (Bós Aires), o Centro Cívico de Entre Ríos (Paraná, Arxentina), o Teatro Rosalía de Castro (Caracas), a Universidade dos Andes (Mérida – Venezuela), o Palacio Longoria da SGAE (Madrid), na Casa das Ninfas (Sevilla), a Feira Internacional de libro de autor (A Coruña), etc., merecendo a atención de multitude de publicacións literarias e reportaxes en periódicos como o “Community Focus” de Philadelphia (USA) ou o “Diario La Frontera” (Venezuela).

  • Teatro: Coordinador do “Festival do Teatro Galego” de Carballiño nas edicións dos anos 1.991 e 1.992; foi Director das compañías teatrais “Keltike Teatro”, “Orballo Teatro” e “Taller Experimental de Teatro”, compañías coas que superou as cincocentas funcións e acadou diferentes premios.

  • No eido dos medios de comunicación, foi correspondente do “Faro de Vigo” na Comarca de O Carballiño e, posteriormente, da “Cadena Cope”. Xefe de redacción de “Fashion & Angels”; Director dos quincenais “Periódico de Ourense”, “T-Space” e “Quincenal do Norte”; Director de diferentes canles de TV local,   acadando un premio á calidade de ámbito Español (1995) e outro de ámbito Europeo (1.996); Director-presentador dos programas de TV “Séptimo grado”, “Café tertulia”, “O Mirador”, “Día a día”, “Literarte”; foi  Vicepresidente da Federación Española de TV Locais e membro do consello de redacción das revistas "Eixo dos Chaos" e “Bisbarra”

  • Botón de Ouro da Asociación Fillos de Ourense de Caracas (Venezuela)