Documento sin título
|
|
|
|
.:: Cartas de Liberdade ::. |
|
|
|
|
|
"Cando os tres -PSOE,BNG e PP- sempre son parte do problema e nunca da solución" - Xabier González
|

Deseñar un marco de convivencia nunca é doado, aínda que o pareza; pero en acada-lo reside a clave da estabilidade e, a través dela, do desenrolo económico e social. O problema é que, case sempre, os debates entre as partes con capacidade de decisión vense limitados pola obsesiva fixación en ter razón cando, por moito que se neguen a admitilo, as verdades e razóns absolutas nin existen, nin se agarda por elas, ni as necesita ninguén; lamentablemente, uns e outros –os de antes e os de agora- esquecen, con excesiva frecuencia, que o seu cometido e a súa función non é outro que procurar fórmulas para que a cidadanía sinta que o seu día a día ten máis sentido que o de limitarse a pagar, directa ou indirectamente, impostos.
Agora mesmo, o debate sobre o texto do III Estatuto de Galicia é un asunto de Estado en mans de demagogos e teatreiros varios que, por moitas e variadas razóns inconfesables, levan convertido na historia de nunca acabar unha cuestión que debería ser consubstancial as necesidades da cidadanía. Pero non, sen que os implicados queiran decatarse oficialmente, a día de hoxe, a reforma do Estatuto da Galicia pouco mais é que un asunto persoal entre tres grupos políticos, cada vez máis distanciado da cidadanía, que nada ten xa que ver nin cos intereses da Galicia nin dos Galegos e no que, pode que sexa tempo de dicilo, ningún dos tres son a solución e os tres forman parte do problema.
Nin populares, nin socialistas, nin o Bloque, semellan querer decatarse de que hai aspectos fundamentais que, dunha ou de outra maneira, quedan excluídos das súas propostas. O máis importante de todos eles é o de asumir que o texto no pode converter en vasalos de unha ideoloxía, nin dos pactos puntuais nin do autogoberno de turno, ós cidadáns da Galicia, que xa non estamos na Idade Media e que non se trata de administrar un territorio para coser a impostos ó pobo mentres a nobreza política equivocase sen ter que afrontar responsabilidades; ó fin e ó cabo, que o tripartito instalado no Parlamento Galego no esqueza que, en grande medida, a historia da Liberdade e dos Dereitos Civís é a mesma que a da loita dos cidadáns por limita-lo poder dos gobernos e, obviamente, a aplicación dese espírito de discriminación positiva en favor da cidadanía é o que fará bo o ruín un marco de autogoberno para Galicia.
Os demagogos profesionais, que a miúdo disfrázanse de representantes da cidadanía e dos empresariado para xustificar o inxustificable, son un gran atranco polo respaldo mediático co que contan; dígase o que se diga, a súa é unha mensaxe unificada de supervivencia no poder –chámese Xunta de Galicia ou oposición Parlamentaria- que, por acción ou omisión, chega a cidadanía do mesmo xeito que chegan os spots publicitarios: privada do imprescindible apoio civil e sobrada de xestos políticos que non valen para nada.
Pero eles non son os únicos responsables, o debate estatutario pon de manifesto a xa vella sospeita persoal de que Galicia carece, salvo raras excepcións, dunha clase intelectual comprometida, como o foi a xeración Nós, que se sitúe na vangarda da acción e do pensamento en íntima conexión coa cidadanía. A Galicia que traballa para sobrevivir ve como instalase confortablemente na elite dos privilexiados, co pertinente apoio mediático e académico, unha a mediocridade intelectual de orientación Escolástica e mais propia do século XI que do XXI que, consciente ou inconscientemente, propugna que a fe no dogma que dicta o líder partidario de turno debe prevalecer sempre sobre a razón común. En moitos casos pagados de si mesmos e nos outros pagados pola Administración en exercicio, pero sempre moi aloxados da realidade civil, os que deberían ser prescriptores independentes de opinión pasan a ser meros guionistas da obra de teatro que decide, en cada momento, pór en escea o goberno ou a oposición como método de permanencia no poder. Pasa no Parlamento, pasa co Estatuto e pasa nos Concellos; esa é a razón dunha das grandes eivas da Galicia actual: o exceso de círculos viciosos –de pensamento, obra e omisión- e a manifesta incapacidade que hai para criar círculos virtuosos que, en íntima conexión coa realidade e sen sometementos partidarios, aporten solucións eficaces ós problemas da cidadanía.
O Marco Constitucional para Galicia que ten que representar o III Estatuto non é un deterxente, nin un spot publicitario, nin o invento duns que temos que tragar todos os demais. A día de hoxe, as propostas debatidas no Parlamento Galego, que tampouco son máis que a presentada no xa remoto Decembro do 2005 polo BNG, están mortas e podrecendo ó sol sen que ningún dos responsables se pregunte a razón. Pero hai outras que tamén representan a unha parte da sociedade Galega ás que, por medo político, desde o poder e facendo caso omiso o dereito a ter igualdade de oportunidades, negáselles espazo na mesa de debate a tres que teñen deseñada, nunha tentativa desesperada de agachalas cara a cidadanía e tratar de facer ver que non existen; estou a falar do Marco Constitucional para Galicia que presentou o Partido Galeguista, que non son uns apuntes senón que é o texto completo dunha proposta diferente e diferencial de III Estatuto. Ós Galeguistas preocúpanos a situación na que levan metido á cidadanía os tres partidos do Parlamento Galego, porque é a expresión dunha irresponsabilidade histórica que afecta o porvir da nosa Terra e das súas xentes e, xa que logo, é inadmisible e intolerable.
A chave non se garda na carteira do empecinamento dogmático e persoal, nin as cuestións políticas que atinxen o interese da sociedade son cruzadas de uns contra os outros, que acadan a máxima intensidade diante dos medios de comunicación e nas que os contrincantes fan pausas, a miúdo, para tomar café; de nada val contradicir sistematicamente ó adversario político aplicando o método da repetición da opinión persoal, ou partidaria, sen darse un segundo para escoitar con atención e interese a que el, lexitimamente, ten. Quizais sexa que un forma parte desa escola Galeguista que transcende ó momento e cre, con absoluta convicción, que o obxectivo irrenunciable dun Marco Estatutario de Galicia é converterse nunha acción política territorial que poida universalizarse e axude a vertebra-la contorna política, Ibérica e Europea, desde un sentido de lealdade social cuxo fin último non é destruí-lo Estado senón construí-lo presente e o futuro do Estado empezando polo do noso País.
Xabier González
presidencia@partido-galeguista.org
|
|
|
|
16 12 2006 :: "Carta aberta a Carlos Marcos" - Manoel Soto Ferreiro
|

Carta aberta a D. Carlos Marcos
Benquerido amigo:
Teño lido con satisfacción declaracións túas sobre algúns aspectos da actualidade política de Coruña e de Galicia, declaracións que coinciden con algunha conversa que temos mantido sobre o presente e o futuro do noso País.
Dígoche publicamente que as ideas que defendes, con forza e firmeza, forman parte do proxecto que temos no Partido Galeguista. Por iso quero convidarte oficial e publicamente a que compartas connosco este apaixonante proceso de axudar a que Galicia chegue a ser máis ca importante transcendental, en tódalas ordes. Un proxecto que ten como obxectivo principalísimo crear riqueza, crear emprego, cousa para que son necesarios a moderación, un talante e un proxecto económico centrista, ingredientes que ben mesturados co amor por Galicia conforman as bases do galeguismo no que ti fas fincapé.
Cónstame o teu fervor apaixonado pola túa cidade. Para nós, este é un factor fundamental cara a túa posible incorporación ó proxecto do galeguismo. Porque Galicia soamente poderá ser grande e próspera cando o sexan as súas cidades.
Galicia é Coruña e Coruña é Galicia. E quizais o mellor xeito de ser galego en Coruña é ser coruñés coa intensidade que ti o es. Xamais atoparás no Partido Galeguista atrancos a ese coruñesismo intenso que profesas. A que ese coruñesismo aberto e ambicioso forme parte dun gran proxecto galeguista, un proxecto no que os dereitos e liberdades, máis ca os deberes, axudarían a facelo triunfante, o que sería un logro histórico para Coruña e para Galicia.
Liberdades que afectan, por exemplo, ó uso dos idiomas galego e castelán. Es más, te digo en castellano que éste también es mi idioma no solo oficialmente, sino en muchos aspectos culturales también. Por tanto uno se puede sentir galleguista hablando y escribiendo en gallego, como yo hago habitualmente, y también hablando y escribiendo en castellano, como hacen otros gallegos que sienten y quieren a su País.
Polo dito pídoche no nome dos meus compañeiros de Coruña, petición que me entusiasma persoalmente, que deas o paso de asumi-la responsabilidade de incorporar os teus coñecementos e as túas capacidades ó Partido Galeguista, como candidato á Alcaldía de Coruña. Porque xuntos poderemos construír mellor ese gran proxecto que xa se comeza a albiscar no horizonte do noso País. Un proxecto altísimamente ilusionante por necesario, e que está a camiñar e medrar con firmeza.
Quedo pois á espera do teu compromiso con Coruña e con Galicia e, en calquera caso, sempre á túa disposición.
Manoel Soto Ferreiro
Secretario Xeral do P.G.
manoel.soto@partido-galeguista.org
|
|
<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Next >> |
|
Documento sin título
.:: Tabela Galeguista ::. |
|
.:: Videos ::. |
|
|
.:: Donacions ::. |
|
.:: Tenda Virtual::. |
|
|