18 03 2007 :: "Falamos dos barrios, falamos de ti", campaña Galeguista en Ourense
O candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño, e o Coordinador Provincial do P.G., Elías Pérez, presentaron a campaña “Falamos dos Barrios, Falamos de ti” como un dos eixos esenciais para perfecciona-lo programa de acción municipal Galeguista.
Enmarcadas nesta campaña de proximidade a cidadanía e as asociacións veciñais, o candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense mantivo, o venres 16 de Marzo, unha xuntanza con veciños da Praza 500 de Barrocás, á que asistiron preto de 50 veciños, e tamén coa Directiva da AAVV de A Granxa, o sábado 17 de Marzo. Para o luns, 19 de Marzo, está programada unha xuntanza coa AVV de Seixalvo.
15 03 2007 :: Presentación das Xuntas Municipales de OROSO e ARZÚA
Venres, 16 de Marzo, as 17:00 horas, no Restaurante Miras de Sigüeiro
Os Galeguistas de Oroso presentaremos ós medios de comunicación a Xestora daXunta local do Partido Galeguista, que será a encargada de levar adiante o traballo de implantación e a Candidatura ó Concello de Oroso nas municipais de Maio. Nesta rolda de prensa presentaremos, ademais, ó candidato Galeguista a Alcaldía de Oroso nas Municipais de maio. Ademais dos responsables da dirección local, participarán na rolda de prensa Xabier González -Presidente do P.G.-, Manoel Soto -Secretario Xeral-, Suso Martínez –Coordinador do P.G. na Provincia de A Coruña- e Roxelio Míguez -Secretario de Implantación do P.G.-
Venres, 16 de Marzo, as 19:30 horas, no Restaurante Ameixa de Arzúa
Os Galeguistas de Arzúa presentaremos ós medios de comunicación a Xestora daXunta local do Partido Galeguista, que será a encargada de levar adiante o traballo de implantación e a Candidatura ó Concello de Arzúa nas municipais de Maio. Nesta rolda de prensa presentaremos, ademais, ó candidato Galeguista a Alcaldía de Arzúa nas Municipais de maio. Ademais dos responsables da dirección local, participarán na rolda de prensa Xabier González -Presidente do P.G.-, Manoel Soto -Secretario Xeral-, Suso Martínez –Coordinador do P.G. na Provincia de A Coruña- e Roxelio Míguez -Secretario de Implantación do P.G.-
Venres, 16 de Marzo, as 10:30 horas, na sede do P.G. de Ourense
O Candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño, e o Vicepresidente do P.G., Elías Pérez, comparecerán diante dos medios de comunicación para presentar a campaña “Falamos dos barrios, falamos de ti”.
Dentro da campaña e como primeiros actos, están previsto xuntanzas cos veciños o Venres, 16 de Marzo, as 20:30 horas, no Bar Iglú de Barrocás; o Sábado, 17 de Marzo, as 19:00 horas, na sede da AAVV da Granxa e oLuns, 19 de Marzo, as 20:00 horas, na sede da AAVV de Seixalvo, as que asistirán, xuntocoCandidato Galeguista, outros integrantes da candidatura do P.G., o Presidente do P.G., Xabier González, o Vicepresidente, Elías Pérez.