
SAMOS :: Xoves 8 de Marzo, no Hotel A Veiga de Samos, as 20:30 horas, os Galeguistas de Samos presentamos a Xunta Local do P.G. e a candidatura Galeguista que participará nas vindeiras Eleccións Municipais no Concello de Samos.
No acto, ademáis da dirección local do P.G. e o candidato Galeguista a Alcaldía, José Antonio García Jurjo, intervirán Xabier González, Presidente do P.G., e Antonio Varela, Coordinador Provincial do Comité Electoral de Lugo.

VIGO :: Manoel Soto Ferreiro, candidato Galeguista a Alcaldía de Vigo, e Maite Fernández, número dous na candidatura Galeguista ó Concello, participarán o Xoves 8 de Marzo, as 14:00 horas, no xantar-coloquio con empresarios e profesionais que o Clube Financieiro de Vigo organiza para presentar ós catro candidatos mais relevantes á Alcaldía de Vigo.

OURENSE :: O Candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño, asistirá xunto a outros integrantes da candidatura, do Presidente do P.G., Xabier González, e dos dous Vicepresidentes Galeguistas, Xesús Manuel Suárez e Elías Pérez, a cea benéfica que organiza Abeiro no Restaurante Sanmiguel, o venres 9 de Marzo, as 22:00 horas
A CORUÑA :: O Venres, 9 de Marzo, o candidato pola Coruña, Carlos Marcos, participará no concerto-mitin de presentación da súa candidatura ó Concello de A Coruña, que se cebrará en Palexco, as 20:00 horas, o que asistirá Manoel Soto, Secretario Xeral do P.G., e no que están programadas actuacións de Jeanette, Tony Ronald, Miki e Lorenzo Santamaría.