Documento sin título

 
Google

 

 

A Comisión de Garantías ven de comunicar á Executiva Nacional do Partido Galeguista a resolución de EXPULSIÓN do exVicepresidente Antonio Varela e do Concelleiro de O Grove Alfredo Bea.

Respecto da expulsión de Antonio Varela, a Comisión considera suficientemente probado que “a única Coalición Electoral para as Eleccións ó Parlamento Galego de Marzo do 2009 que aprobou o Consello Galeguista foi a do Partido Galeguista co partido Terra Galega” e que “ate o 29 de Agosto do 2009 non se celebrou regulamentaria e válidamente ningún Consello Galeguista que modificara a decisión adoptada o 19 de Abril do 2008”. A CG entende que “é un feito probado que o Partido Galeguista constituíu unha coalición electoral baixo o nome de “Mais Galicia” ou “+G” co Partido Centrista Galeguista (PACEGA), nun período no que D. ANTONIO VARELA ÁLVAREZ, por mor das funcións delegadas da Presidencia, era o máximo responsable político do Partido Galeguista e necesariamente tiña que estar informado e aprobar calquera decisión ou documento do PG, moito mais se estes documentos tiñan que ver cunha coalición electoral”, que “en ningún momento, D. ANTONIO VARELA ÁLVAREZ informou o Presidente e Representante Legal do Partido Galeguista, D. Xesús Manuel Suárez García, de que o Partido Galeguista coaligabase co Partido Centrista Galeguista (PACEGA)” e que “non se coñece actividade algunha do citado Partido Centrista Galeguista (PACEGA) nin desde a súa fundación ate a sinatura da constitución da devandita Coalición, nin tampouco desde ese intre ate o presente. Cabe, polo mesmo, considerar que estamos diante dunha formación pantasma ou testemuñal, con vinculación non determinada con  D. ANTONIO VARELA ÁLVAREZ.”

No segundo apartado da resolución, a Comisión de Garantías considera “que existen probas evidentes, agravadas por indicios razonables e suficientes, nunca desmentidos mediante a aportación de probas exculpatorias por parte do acusado, de que podemos estar xa non só diante dunha grave falta de réxime interno do Partido Galeguista, senón de presuntos delitos de fraude en documento público e contra a seguridade do tráfico xurídico que, por imperativo legal e das potenciais implicacións penais e administraticvas, deben ser considerados a hora de dictar a resolución de iste expediente”.

Polo devandito, a “Comisión de Garantías resolve EXPULSAR DE XEITO INMEDIATO a D. ANTONIO VARELA ÁLVAREZ, o que implica a perda da súa condición de militante do PG e a prohibición expresa do uso de calquera término ou expresión que o relacione co Partido Galeguista”.

Asimesmo, a Comisión decide “manter aberta a instrucción diste expediente para depurar tódalas responsabilidades e actuar no caso de que existan indicios probatorios de presuntos delitos de fraude en documento público, contra a seguridade do tráfico xurídico, etc., imputables a D. ANTONIO VARELA ÁLVAREZ ou a calquera outra persoa. Consonte co devandito, en canto conclúa a investigación, esta Comisión remitirá a Executiva Nacional e o Consello Galeguista o informe completo e as probas para que as instancias pertinentes do PG podan, no seu caso, interpor as denuncias a que houbese lugar ou trasladarllo á Fiscalía Xeral de Galicia para que adopte as medidas correctoras que procedan”.

Estas resolucións poden ser recorridas, segundo establece o Artigo 49 dos Estatutos vixentes, diante do Consello Galeguista, en primeiro recurso, e en segundo recurso diante do primeiro Congreso Nacional ORDINARIO que se celebre.

 

Por outra parte, a “Comisión de Garantías resolve EXPULSAR DE XEITO INMEDIATO a D. ALFREDO BEA GARCÍA, o que implica a perda da súa condición de militante do PG e a prohibición expresa do uso de calquera término ou expresión que o relacione co Partido Galeguista”. De xeito resumido, a Comisión considera suficientemente probado que: D. ALFREDO BEA GARCÍA, sen aprobación expresa dos órganos competentes do PG, participou nun acto político do BNG, o 19 de Xaneiro do 2009, e mesmo escenificou o seu apoio público cunha fotografía na que aparece xunto a Anxo Quintana; e que ten participado nunha xuntanza da Executiva do PSdeG-PSOE de O Grove, na que defendeu unha postura do Alcalde de O Grove que estaba a ser criticada pola súa Executiva Local, e que o acusado non negou en ningún momento a esta Comisión de Garantías”

Asimesmo, a Comisión de Garantías resolve que en aplicación do Artigo 79 dos Estatutos vixentes do PG (que establecen que “independentemente de tódalas circunstancias que puidesen ocorrer, se un membro do P.G. fose elixido para algún cargo público e non estivese disposto nun momento dado a cumprir as normas estatutarias <….>  queda solemnemente comprometido a dimitir dos cargos para os que fose elixido en base á confianza que a organización lle tivese outorgado, ó propoñelo e apoialo no seu momento para o cargo en cuestión”) e noArtigo 79.1 (que sinala que “tódolos candidatos deberán acepta-lo anteriormente dito para seren postulados como tales pola organización, e comprometer solemnemente a súa palabra de honor a eses efectos”), cabe esixirlle a  D. ALFREDO BEA GARCÍA o INMEDIATO CESE NA SÚA CONDICIÓN DE CONCELLEIRO ELECTO  POLO PARTIDO GALEGUISTA, A DIMISIÓN  E ENTREGA DA ACTA DE CONCELLEIRO E A SÚA SUBSTITUCIÓN POLO CANDIDATO DA LISTA PRESENTADA POLO PG EN O GROVE  QUE CORRESPONDA.

Estas resolucións poden ser recorridas, segundo establece o Artigo 49 dos Estatutos vixentes, diante do Consello Galeguista, en primeiro recurso, e en segundo recurso diante do primeiro Congreso Nacional ORDINARIO que se celebre.

A Comisión resolve, asimesmo, que no expedente a Victor Otero Prol é procedente determinar e delimitar con precisión e exactitude a súa participación nos feitos denunciados, dado que coinciden cos incluídos no caso de Alfredo Bea García e non queda totalmente claro se iste actuou pola súa conta ou contou coa colaboración e beneplácito de Victor Otero Prol.


As 12 horas de hoxe, 10 de Setembro, entregouse no Concello de Redondela on seguinte requirimento dirixido o Sr. Alcalde Presidente:

“Enterados de que o próximo día 12 de Setembro tense previsto realizar un acto, baixo a denominación de “Congreso do Partido Galeguista”, no Auditorio Municipal de A Xunqueira, requirimolo a vostede nos seguintes termos:

1.        Que na actualidade determinadas persoas están a suplantar ós órganos de goberno legalmente constituídos e que figuran no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior do Partido Galeguista.

2.        Que o Consello Galeguista, de acordo cos Estatutos vixentes, ANULOU e DESCONVOCOU o Congreso Extraordinario fixado para o 12 de setembro en Redondela, disolveu a Comisión Organizadora e cesouna nas súas funcións; decisión que aceptou a Executiva Nacional e da que informou de xeito interno e público.

3.        Que polo tanto no se poderá denominar “Congreso do Partido Galeguista” a ningunha xuntanza que celebren e especialmente a convocada para o 12 de Setembro en Redondela.

4.        Que o Partido Galeguista non autoriza baixo ningún concepto a utilización das súas siglas nin da súa denominación en ningún tipo de relación con terceiros, nin para contraer ningún tipo de obrigas, especialmente as de índole económica, das que este Partido non se fará cargo.

5.        Que, respecto do citado acto do día 12 de Setembro que se anuncia en instalacións municipais do Concello de Redondela, o Partido Galeguista non se fai responsable de conflitos ou calquera xeito de alteración do orde público que hipoteticamente podan producirse, nin dos danos que poidan ocasionar, nin das responsabilidades civís e/ou penais relacionadas. Coa advertencia expresa de que serán responsables os convocantes como persoas físicas e, de xeito subsidiario, a Entidade, Empresa ou Persoa, que ostente a titularidade do local no que se celebre a devandita xuntanza que, neste caso, entendemos que é o Concello de Redondela.

6.        Que o Partido Galeguista exercerá as accións legais que correspondan para evitar a utilización, ou o consentimento para a utilización, das siglas ou denominación do Partido Galeguista que conlevan graves danos a imaxe pública do PG; considerando cómplice corresponsable á Entidade, Empresa ou Persoa, que ostente a titularidade do local no que se celebre calquera xuntanza que leve por denominación “Congreso do Partido Galeguista” ou semellantes que poidan inducir a confusión que, neste caso, entendemos que é o Concello de Redondela.

7.        A consideración de complicidade e corresponsabilidade civil e penal estenderase ás Entidades, Empresas ou Persoas, que proporcionen soporte promocional e/ou publicitario, de calquera tipo,  no que se faga alusión á celebración dun Congreso do Partido Galeguista o día 12 de Setembro do 2009 en Redondela. De xeito enunciativo e non limitativo, o devandito afecta a calquera soporte de dominio e/ou titularidade do Concello de Redondela, incluído o propio Auditorio Municipal de A Xunqueira, no que se instalen carteis, pancartas ou publicidade nas que se invoque, por impresión ou por relación iconográfica, ó Partido Galeguista, a súa simboloxía rexistrada no Ministerio do Interior e que pode consultarse na web www.partido-galeguista.org , ou calquera outro formato que induza a considerar que é un acto relacionado co Partido Galeguista.

8.        Consideramos que ATE A DATA DESTA COMUNICACIÓN, a actuación do Grupo de Governo do Concello de Redondela foi correcta e axustada a dereito. O Partido Galeguista non desexa entrar en conflito algún co Concello de Redondela por causa de que un grupo de persoas, adoptando unha representatividade da que carecen, abuse da boa fe e non teña en conta de que a consecucións dos seus fins de danala imaxe do Partido Galeguista pode implicar a terceiros en procedementos legais graves. O espírito deste requirimento é por no seu coñecemento a situación, solicitando como  medida correctora axeitada a REVOCACIÓN E ANULACIÓN DA AUTORIZACIÓN DE USO DO AUDITORIO DE A XUNQUEIRA en base a que os órganos oficiais do Partido Galeguista decidiron, con data 29 de Agosto do 2009,  desconvocar e anular o Congreso previsto para o día 12 de Setembro en Redondela. A decisión do Consello Galeguista, máximo órgano do PG entre Congreso, oficializouse diante das instancias oportunas e a Acta de obra en poder do Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal