Documento sin título

 
Google

 

 

Os Galeguistas de Ourense presentamos ó noso candidato a Alcaldía, Antonio Troitiño, nun acto que terá lugar na sá de actos do Centro Cultural do Edificio Simeón (rúa do Progreso, nº 46; a beira do Pazo da Deputación de Ourense), o martes 27 de Febreiro as 20:30 horas.

No acto, ademáis de Antonio Troitiño, intervirán Xabier González, Presidente do P.G., e Manoel Soto, secretario Xeral do P.G. e candidato Galeguista a Alcaldía de Vigo.


Coa asistencia do Presidente do P.G., Xabier González, e do Coordinador da Provincia de Ourense, Elías Pérez, os Galeguistas de Vilar de Barrio (Ourense) constituiron en Arnuide a Xunta Local do Partido Galeguista. Na xuntanza de traballo que se celebrou logo da constitución, abordouse a problemática dun concello como Vilar de Barrio que sofre unha fonda recesión no número de viciños –de perto mais de 3.900 no ano 1981 a 1.900 na actualidade-, como resultado da falla de oportunidades laborais e infraestructurais que se ven agravadas pola deficiente xestión municipal das sucesivas corporacións municipais.

Acompañados polos integrantes da Executiva Local e por Ramón Sorga Prado, candidato do P.G. a Alcaldía do Concello de Vilar de Barrio, Xabier González e Elías Pérez visitaron as inmediacións da Ponte Románica de Arnuide, sobre o río Arnoia, comprobando a grave situación de contaminación e risco para a saúde pública que, pola neglixencia dos actuais rexedores municipais, afecta a este paraxe de grande importancia monumental e medioambiental que cada vez está mais afectada polos verquidos directos das augas residuais da vila. O P.G. de Vilar de Barrio iniciará de inmediato accións para esixir un plan urxente de actuación medioambiental no que están incluídos, ademáis de outras medidas, a construcción dunha depuradora en Arnuide e a descontaminación do Río Arnoia o seu paso pola vila.  


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal