Como é perceptivo, o Partido Galeguista comunicou ó Concello de Redondela a Expulsión de Alexandre Bastos; burofax que foi entregado o 9 de Setembro as 12 horas e no que se facía constar o seguinte:
“Que na composición actual da Corporación de Redondela figura, adscrito ó Grupo Mixto, D. Alejandro Bastos Fernández como Concelleiro electo pola candidatura que o Partido Galeguista presentou en Redondela.
Que os órganos competentes do PARTIDO GALEGUISTA (PG) resolveron nas datas 21 de Agosto e 29 de Agosto do 2009, EXPULSAR a D. Alejandro Bastos Fernández, en aplicación do establecido nos Artigos 52 e 53 dos Estatutos vixentes do Partido Galeguista, que é procedente pola existencia dunha sentencia condenatoria en firme que considera probado que D. Alejandro Bastos Fernández cometeu delito, na calificación de falta, de “vexacións previsto no artigo 620 do Código Penal”.
Que, asimesmo, a expulsión de D. Alejandro Bastos Fernández implica a perda da súa condición de militante do PG e a prohibición expresa do uso de calquera término ou expresión que o relacione co Partido Galeguista.
Que, o Artigo 79 dos Estatutos vixentes do PG establece que “independentemente de tódalas circunstancias que puidesen ocorrer, se un membro do P.G. fose elixido para algún cargo público <….> queda solemnemente comprometido a dimitir dos cargos para os que fose elixido en base á confianza que a organización lle tivese outorgado, ó propoñelo e apoialo no seu momento para o cargo en cuestión”; aspecto que se amplía no Artigo 79.1 que sinala que “tódolos candidatos deberán acepta-lo anteriormente dito para seren postulados como tales pola organización, e comprometer solemnemente a súa palabra de honor a eses efectos”. Consonte co devandito, o Partido Galeguista reclamará de D. Alejandro Bastos Fernández a dimisión e a entrega da súa acta de Concelleiro electo en Redondela, para que sexa substituído por quen corresponda da Candidatura presentada polo Partido Galeguista.
Que, desde o intre desta notificación, D. Alejandro Bastos Fernández carece de representatividade algunha relacionada co Partido Galeguista, tanto diante do Concello de Redondela como en calquera outra instancia ou organismo Municipal, Autonómico ou Estatal. Consonte co devandito, D. Alejandro Bastos Fernández non pode actuar nin asinar documentos en nome do PG, nin participar nos Plenos da Corporación como Concelleiro do PG, nin percibir subvención ou remuneración algunha relacionada co Partido Galeguista.”