Documento sin título

 
Google

 

 

Dentro da axenda de presentación de candidaturas que o Partido Galeguista ten programada para as próximas semáns, presentouse hoxe a Carlos Marcos como candidato a Alcaldía de Coruña. O xa candidato Galeguista estivo acompañado, na súa presentación oficial diante dos medios de comunicación, polo Secretario Xeral do P.G. Manoel Soto.


Nós veneramos a Castelao. Somos os seus epígonos, os seus seguidores e discípulos. Queridos amigos: Castelao non volverá. ¡Regresou!. ¡¡Está no Partido Galeguista!. ¡¡¡Está entre todos nós para sempre!!!.

Estamos aquí, hoxe, nesta mañá invernal e chuviosa para conmemorar o aniversario da morte no exilio de Castelao. Estamos en Rianxo, ao pé da casa onde naceu, que axiña será recuperada para museo de lembranzas e poida ser refuxio de saudaddes para todos os seus devotos de Galicia. Fundamentalmente, nós estamos aquí para dúas cousas: mostrar a nosa fidelidade a Castelao e facer profesión de fe no futuro do noso País, da nosa Patria, Galicia.A estas alturas do tempo, a vintecinco anos dunha autonomía difícilmente conquistada, ¿hai que seguir dando mostras públicas de lealdade a Castelao, á súa doctrina, á Galicia que el idealizou e que nos trasmitiu como ben supremo? Ou, pola contra, ¿chegou a hora de reorientar estas liturxias, darlles outra fisonomía, outros contidos?

Penso que fai ben o sagrado Partido Galeguista en acudir a Rianxo, a expresar o seu amor a Castelao, amor é gratitude e reverencia por el e polo legado que nos deixou. Quen pense que Galicia xa está recuperada para sempre erra gravemente. Quen xa imaxina unha Galicia redimida, salvada, rescatada de depresións e apatías, liberada do poder asoballador, colonial e abrasivo de moitos séculos, erra gravemente. Quen acepte que os tempos de Galicia son chegados, tal como canta o himno, erra gravemente. Certo é, queridos amigos, que temos agora nas mans unha Galicia predisposta a recuperar os seus destinos, a rehabilitar os privilexios e prerrogativas como País e xeografía propias, a se abrir paso polos camiños da Historia e sacudir o xugo do colonialismo castelán, aínda vivo e presente entre nós.

Direivos, amigos, por qué temos que seguir na loita. Aí está, dubitativo e negador, o noso atributo de Nación. Fomos Nación,. Somos e seremos Nación contra as forzas políticas e sociais que espreitan e acosan desde o antro, desde a caverna, nunha batalla montarza que dura anos e anos, baixo o rancor e a aversión. Aí está a linguan, o noso inalienable patrimonio, á que lle prognostican a morte a curto prazo e aseguran, para maior alivosía, que é destino dos pobos pusilánimes, covardes e indiferentes, perder a língua que non se defende nin practica como se debe. A nosa lingua, ¡ouh harmoniosa lingua de Galicia!, asolagada por renuncias mórbidas, por abandonos patolóxicos. Están aí os nosos símbolos, profanados, degradados e violados no mesmo seo en que se custodian as vopntades populares, as liberdades e a democracia. Está aí a nosa ansia de progreso, de nos converternos nun pobo progresista, que aspira únicamente a ser feliz no concerto dos países do mundo, ter un papel, un protagonismo humilde pero firme na cultura europea, occidental, atlántica e cristiá.

As maldades, os malévolos que esculcan a nosa debilidade, a nosa decadencia, chegaron a afirmar que se Castelao non era un mito inventado polos galegos, si que o era a súa doutrina. Hai que lograr que a doutrina de Castelao sexa aceptada por todos os galegos e que, por exemplo, “Semopre en Galiza” sexa considerada a nosa biblia, o noso evanxeo da redención. Conseguir que todas as vilas e cidades de Galicia posúan esa rúa e esa praza que rememore a súa presenza benamada e consagre para a eternidade o seu perfil de guía e adaíl. Que en cada corazón de cada galego Castelao teña a súa ara e o seu altar.

Despois, virémonos cara Galicia, cara un País real, bo e xeneroso. Ser bo e xeneroso son condicións indispensables para se converter en galego cabal, enteiro e íntegro. Nós non podemos seguir pensando nunha traxectoria de Galicia que ía a ser pero que non foi. Na Galicia do século XXI determinadas fentasías deben esquencerse, deben refugarse; pero sen renunciar xamais a esa Galicia, Nai e Señora, que Castelao sublimou. A tarefa está nos nosos días en conseguir o Estatuto de Nación porque, como pensaba Castelao, “Nación é un feito e non unha idea, un ser real e non un ente problemático”.

Eu venero a Castelao. Nós veneramos a Castelao. Somos os seus epígonos, os seus seguidores e discípulos, deberíamos utiliciar esta especie de mesianismo que Paz Andrade predicou no “Pranto Matricial”: “Na matricial Galicia, sempre túa / que desde a Torre de Hércules ao Miño / un facho acenderá por cada illa / cando ti volvas polo mar”

Queridos amigos: Castelao non volverá. ¡Regresou!. ¡¡Está no Partido Galeguista!!. ¡¡¡Está entre todos nós para sempre!!!.

Avelino Abuín de Tembra


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal