Documento sin título

 
Google

 

 

A integración de Independentes por Cambados pecha un ano 2006 clave na historia do Galeguismo moderno, no que o P.G. multiplicou a súa presenza institucional e social consolidándose como a imprescindible cuarta forza política da Galicia.

A presentación  diante da Comisión do Parlamento Galego da Proposta Galeguista de III Estatuto foi, individual e colectivamente, unha acción política esencial no presente e para o futuro que xa ten un lugar na historia da Galicia. Definir Galicia como nación e non dotala de mecanismos para o seu auténtico autogoberno é un brindis ó sol, algo que posiblemente sexa moi académico pero que non trae prosperidade nin futuro á cidadanía; sen que elo conleve renuncia algunha a outras fórmulas democráticas de denominación e configuración do Estado, os Galeguistas vivimos na realidade Constitucional presente e, convencidos de que o obxectivo do III Estatuto debe ser CONSTRUÍR Galicia e NON destruír o Estado, queremos recuperar para Galicia a denominación histórica que, por decisión administrativa do ano 1.833, foi substituida polo afrancesado térmo de “Rexión”. Consonte co devandito, a nosa realidade nacional expresase na definición propia que temos desde hai dous mil anos: a de Reino de Galicia; unha definición que contempla a Constitución vixente e que nos pertence porque nós somos algo máis que unhas cantas provincias que queren autogobernarse. Mentres esmorece o outro proxecto estatutario, que o BNG presentou en Decembro do 2005 e leva negociando sen éxito todo o 2006, a nosa proposta está a medrar en influencia política e intelectual, tan decisiva como ocultada mediáticamente, nas negociacións que manteñen as forzas con representación no Parlamento Galego; a clave non é outra que a de que os Galeguistas deseñamos un verdadeiro III Estatuto de todos e para todos, un marco constitucional activo, eficaz e de concordia, que conxuga o realismo necesario para goberna-lo presente e a ambición lexítima de acada-lo mellor dos futuros posibles para a cidadanía da Galicia.

Por outra parte, a incorporación ó P.G. de varios partidos independentes e Concelleiros Galeguistas, que nas últimas elección Municipais formaron parte de candidaturas de outras formacións políticas, afortalou de xeito considerable a presenza institucional do P.G., que se duplicou con respecto ó ano 2005. Este medro da presenza do P.G. nos Concellos estivo acompañado da constitución de novas agrupacións en toda Galicia, de tal xeito que o 2006 remata co dato estatístico de que un de cada catro Concellos Galegos conta con agrupación Galeguista constituída; subliñar que o P.G. na súa etapa moderna, desde o 1978, nunca acadou a implantación social –nin en número de agrupacións nin en militantes- que ten ó remate do 2006. E hai que engadir ó devandito a axenda prevista para Xaneiro do 2007, que significará un salto cuantitativo e cualitativo cara as eleccións Municipais.

Unha das expresións mais dinámicas e palpables do devandito está nos datos que aporta o anel web do PG –as webs oficiais, foros, listas de correo, blogs, etc-, que rematará o ano cunha cifra record de visitas ó superar as 600.000, con datos tan significativos como o son os máis de 4.000 suscriptores da lista de correo –un 58 % dos cales residen fora da Galicia territorial- ou os 500 membros cos que conta o Foro do Partido Galeguista en internet. Internet consolidouse neste ano como unha das ferramentas máis poderosas da expansión do ideario e propostas Galeguistas; como datos a subliñar temos os preto de 130.000 downloads do PDF da Sinopse da Historia de Galicia –edición coordinada polas Mocidades-, os 107.411 downloads do PDF da Proposta Galeguista de III Estatuto (nas súas versións en Galego, Portugués, Inglés, Castelán e Francés), ou a descarga dos vídeos da comparecencia diante da Comisión do Parlamento Galego que xa superan a cifra dos 8.000 dowloands. 

O ano no que se cumprían 75 anos da fundación do Partido Galeguista, efeméride desesperadamente agachada e contrainformada polos responsables da Xunta de Galicia que non souberon, como ven sendo unha constante na súa actuación, estar a altura institucional  debida e separar a condición de adversario político da que o P.G. ten, por dereitos históricos incuestionables, como Patrimonio Inmaterial e Universal dos Galegos e Galegas, significou a consolidación da proposta Galeguista contemporánea. Máis que nunca, os Galeguistas con maiúsculas forman parte do Partido Galeguista e ocupan ese espazo político imprescindible para a Galicia que se identifica coa disposición a dialogar con todos, coa defensa dos intereses da cidadanía, coa proximidade e, en definitiva, cunha política progresista no social e centrada no económico. O 2007 trae novas esperanzas e retos para esta xeración que está a construír o Galeguismo do século XXI; por algo temos 75 anos de historia e moitos máis  de porvir.

Saúde e Terra



<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal