Documento sin título

 
Google

 

 

Os Galeguistas estamos preparados para recibir da man da cidadanía Galega, nas Municipais do 2007, o mandado de construír unha Galicia diferente aquela que representan os que tanto agora como antes ocupan transitoriamente a Xunta de Galicia. O reto de representar como Partido Galeguista, en Maio do 2007, de xeito diferenciado e inequívoco, ás cidadás e ós cidadáns deste gran País, que é Galicia, significa para nós, os Galeguistas, unha motivación engadida  e a responsabilidade de presentar eficazmente esta nosa realidade política que, desde fai 75 anos e singularmente desde o VIII Congreso, defínese como de centro no económico e progresista no social. A Galicia que queren os Galegos e Galegas constrúese pondo en marcha unha  descentralización que aproxime as decisións ós cidadáns, dándolle voz para expresalas e capacidade de control para esixir que se poñan en práctica; os Concellos son a primeira liña de representatividade cidadán, xa que logo teñen que recuperar esa capacidade representativa dos intereses singulares da cidadanía que os conforma e que, na realidade, levan perdido nestes anos de sometemento as prácticas políticas centralistas e globalizadoras dos partidos que, nos últimos 25 anos e agora mesmo, teñen tido representación no Parlamento Galego, gobernado a Xunta e practicado, en prexuízo dos intereses da cidadanía, políticas partidarias submisas nos Concellos.

O 2006 remata para pasar a historia do Partido Galeguista como o ano da consolidación do rexurdimento dos Galeguistas; un ano histórico que nos permite, entre outras cousas e a cinco meses das Municipais, ver confirmado nas enquisas que o noso proxecto será a chave en moitos Concellos da Galicia e o único, a tres anos vista, con expectativas reais de chegar ó Parlamento Galego.  

COMITÉ ELECTORAL

A Executiva Nacional,  celebrada en Vigo, adoptou varios acordos que poñen en marcha o calendario loxístico do P.G. cara as eleccións municipais do 2007; entre eles está a designación do Vicesecretario Xeral de Organización, Xose Antonio Sánchez, como coordinador xeral do Comité Electoral Galego que será o encargado de coordinar tódalas accións e actividades dos Galeguistas, tanto de organización interna como das precampañas e campaña electoral. Á proposta do Coordinador Xeral, a Executiva Nacional do próximo mes de Xaneiro aprobará a composición e o organigrama definitivo do Comité Electoral Galego, e das estruturas comarcais e municipais dependentes.

A posta en marcha do aparato loxístico do P.G., cara unhas municipais nas que os Galeguistas temos depositadas fundadas esperanzas e un obxectivo tan importante como é o de concorrer en cen concellos da Galicia, é a culminación do traballo desenrolado no ano 2006 que, entre outros aspectos tan destacables como o afortalamento da presenza institucional do P.G. –co incorporación de Concelleiros independentes e non adscritos en varios Concellos da Galicia, que terá continuidade nas previstas para os dous primeiros meses do 2007- e a presentación da Proposta de III Estatuto Galego, ten levado ou consolidado a implantación do partido e do proxecto Galeguista a un de cada tres Concellos da Galicia.

ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE CASTELAO

Noutro orde de cousas, a Executiva Nacional delegou en Francisco López “Chesqui”,  Vicesecretario Xeral de Política e padrón da Fundación Castelao, a organización o 7 de Xaneiro dos actos conmemorativos do pasamento do irmán e fundador do Partido Galeguista, Alfonso Daniel R. Castelao, que terán como centro a vila de Rianxo. Castelao é patrimonio de todos os Galegos e Galegas, pero foi e será sempre militante do Partido Galeguista, un de Nós, e como tal  debe ser lembrado; moito máis neste momento histórico no que as novas xeracións Galeguistas estamos a construír con absoluta convicción, xunto cos Galegos e Galegas que cren que Galicia precisa algo mellor, o Galeguismo do século XXI.   

SESIÓN EXTRAORDINARIA E SOLEMNE DO CONSELLO GALEGUISTA

A Executiva Nacional aprobou tamén a celebración no mes de Xaneiro, en Vigo,  dunha sesión extraordinaria e solemne do Consello Galeguista, no decurso da cal entregaranse as Medallas de Ouro do Partido Galeguista ós históricos Lois Taboada e  Antón Moreda. Esta será a primeira vez na que os máis de cen membros electos do Consello Galeguista xuntaranse nunha sesión solemne para honrar a traxectoria e a memoria da continuidade histórica que representan as distintas xeracións Galeguistas que, indiscutiblemente, levan garantido a pervivencia do P.G. o longo de 75 anos.

Saúde e Terra

Executiva Nacional P.G.

 


A DÉCADA DOS 80, ANOS CLAVE PARA O GALEGUISMO DO SÉCULO XXI

A Concordia Nacionalista que o P.G. asumiu como doutrina no V Congreso, Xaneiro do 1985, foi  unha proposta anovadora e orixinal, concordante ca inconformista tradición do noso partido, que supuxo un incómodo reto pra os demais partidos nacionalistas, que lles esplicamos ao Camilo Nogueira e ao Xosé Manuel Beiras e que finalmente éste usou en proveito da súa propia organización

Anxel Casal, Pedro Galán, Arturo Noguerol, Manuel Serantes… non pudo chegar a Alexandre Bóveda; Don Ramón Martínez López mirounos cos ollos brilantes e escachou a chorar. O seu discurso introducianos a nós, un grupo de mozos, a maioría entre vinte e trinta anos, e lexitimabanos como os novos dirixentes do Partido Galeguista naquel día de inverno de 1985. A súa groriosa lista de nomes de Galeguistas fusilados, enunciada con emoción, situabanos no noso sitio: velaí estaban as credenciais do Partido Galeguista, alí estaba a nosa memoria, alí estaba o lugar do noso partido na historia de Galicia.

Collimos aquel testigo sen complexos; a primeira tarefa consisteu en liberarnos da cárrega que moitos nos quixeron impor: a da etiqueta de “partido histórico”, abafado pola morriña polos tempos idos, paralisado no pasado, cas únicas referencias das pantasmas dos devanceiros. A memoria non foi nunca pra nós un corsé que nos coutase, e cando algún vello con ínfulas de pedigree (os verdadeiros Galeguistas nunca se agacharon detrás dese parapeto) nos quixo impor a súa particular visión, promovemos a Fundación Castelao para que poidese ser Presidente; chegamos espresalo con craridade: “Nós somos un partido histórico non porque nos pasemos todo o tempo mirando pra atrás, senón porque hoxe queremos transforma-la historia dos próusimos anos do noso país”. A memoria non foi nunca pra nós un pedestal falso no que subirnos pra reclamar un lugar que non conquistaramos, e cada chanzo que acadamos foi gañado a pulso paso a paso.

X. Manuel Suárez

Vicepresidente do Partido Galeguista


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal