06 12 2006 :: "Dignos de Alfonso Daniel" - Suso Martínez
DIGNOS DE ALFONSO DANIEL
Tras 75 anos,por un nacionalismo liberal, europeísta e constitucional.
Logo de 75 anos de historia, xa non é falar de Galeguismo, é falar de Galicia. A existencia dun partido histórico como o Partido Galeguista non se podería explicar hoxe tan só como presencia testrimonial ou homenaxe á historia do nacionalismo galego e ós seus intelectuais, homenaxe a patriotas, que amaron e antepuxeron sempre o bendito nome da matria. Sen olvidar nen aparcar por un instante estos principios vertebradores, hoxe os Galeguistas non podemos botalos en menos nos partidos galegos democráticos actuais con representación palamentar en Santiago, xunto con IU fora dela. Nós non somos depositarios dun patrimonio esculpido en mármore ou en crisoelefantino, non. Eso sería enganar á Galicia. O PG hoxe é moito máis importante que isopara Galicia: o PG é necesario para Galicia, porque non é xa falar de Galeguismo, é falar de Galicia.
Hoxe, tras 75 anos de PG, ós galegos se lles ofrece un PSdeG que non é PSOE catalán. Sumiso de xeito considerable á dirección madrileña, en moitas acasións non pode disimular o carácter acomplexado e falto de ambición política de moitos dos seus membros. A galeguidade deste PSdeG vese de cotío como un fogo de artificio, sen un proxecto de país moi claro como o que si teñen os socialistas cataláns que tamén gobernan. Hoxe, tras 75 anos de PG, ós galegos se lles ofrece un PP en decadencia electoral, con unha crise de valores sen precedentes dende a morte política de Fraga. Moitos membros conservadores deste partido dubidan e calculan moito a continuación da súa presencia nun partido que dende logo asfixia o seu galeguismo, o cal é incuestionable en moita xente do PP.
E, tras 75 anos de PG, ¿cal é a forza que representa o nacionalismo,e polo tanto aqueles que deberían encarnar mais que ninguén a nosa complexidade?: ós galegos ofréceselles un BNG, constelación ou bloque de forzas, algunhas delas antieuropeístas e defensoras da autodeterminación antes de falar doutras problemáticas, independentistas democráticos, comunistas e marxistas outros, igualmente en crise de valores e en caída libre electoral, ó non atopar un horizonte político claro sen necesidade de revisións periódicas,dependendo de cal sexa a “tribu” dominante do momento.
Eu quero decir que é a hora, non a hora de revolucionar a configuración da representatividade política nos concellos primeiro e no Hórreo despois, non. Xa dixen que non pretendemos enganar a Galicia. Sí é a hora de confirmar unha tendencia, unha liña de acción, unha forza, un horizonte, que permita o PG ir entrando a modiño nas institucións, con xeito e có sentidiño que tan ben define a alma dos galegos.
Suso Martínez
Secretario de Política Turística.
06 12 2006 :: 75 ANOS DA FUNDACIÓN DO PARTIDO GALEGUISTA - Xaime Da Pena Ceide
UN VELLO QUE GOZA DE MOI BOA SAUDE
Certamente o 75 aniversario dun ser vivo, nalgún caso e imposible, xa que cecais algún animal chega a eses anos, pero en pleno século XXI as persoas do primeiro mundo acadan normalmente esa idade.
No caso do PG, aínda que cumple 75 anos, está na súa segunda xuventude, xa que a pesares de que estivo perseguido e ilegalizado sendo un cativo e que chegou os 50 anos farto e con moitas lerias internas que case o levan o cemiterio, hoxe, moitos xovéns novos e xovéns non tan novos, imos do brazo para que este vello volte a andar despois dun tránsito no desguace pasadas xa as regueifas identitarias, e cando xa os Galeguistas nos recoñecemos a leguas.
Creemos na cultura como medio de enriquecimento persoal e humán, e utilízamo-la como método de xuntar non de dividir nin diferenciar e sabemos que se nós no na sacamos adiante ningúen se ocupará da saúde deste vello pais do occidente coñecidos, e adoitamos unha postura diante da cidadanía de tolerancia, moderación e atempero que nos diferencia dos radicalismos que provocan alerxia no común, e dos conservadores que falan do galeguismo e de Galicia, só cando hai eleccións.
Entre todos os Galeguistas temos que levar esto adiante, a sabiendas de que teremos todo en contra, os medios cautivos, os outros partidos que non queren e van evitar polo medio que sexa que non aparezamos e incluso as organizacións que dicen militar no galeguismo de centro que por intereses exclusivamente personais e mezquiños trazan unha liña que divide.