O P.G., unha casa común que mestura o que Galicia precisa e aquilo que os Galeguistas estamos en disposición de dar
As enquisas mais recentes volven a mostrar o preocupante desprestixio dos políticos, que tivo o primeiro aviso na elevada abstención nas pasadas eleccións cataláns.
A xentecomeza a estar cansa de que os de antes e os de agora non sexan outra cousa que “mais do mesmo”, cansa da política de contraprogramación, esa que poñían en práctica as canles de televisión para loitar polas audiencias. De repente o Partido Popular saca un vídeo, de presa e correndo, con imaxes da época do seu propio goberno, mesmo con imaxes doutros países; como resposta, o PSOE contraprograma un vídeo con declaracións do PP cando estes tentaban acadar un acordo con ETA. Penoso, moi moi triste. Xa non se trata de facer política, senón de amosar o mal que o facían os outros e demostrar que un é o menos malo; xa non se trata de mellorar, senón de ser o menos malo dos peores.
Os políticos debemos facer unha reflexión profunda, seria, voltar os orixes e ver dunha vez que a orixe está no pobo, na proximidade a nosa xente, en escoitala, en darlle respostas, en respectala, en asumir que somos meros administradores seus os que só nos piden sensatez, honestidade, eficacia e criterio.
No PG somos conscientes de todo isto, por iso a xente que se está incorporar a este proxecto de Galicia diferentea dos de antes e a dos de agora, estámoslle a pedir que sexa xente normal, honesta, humilde, orgullosa de ser galega, con ganas de traballar e cos pés na Terra, unha actitude, en definitiva, que o cidadán reclama a berros ou participando cada vez menos cando é convocado as furnas; un plus esencial que posiblemente non esté moi de moda na política, pero que é a cerna da nosa praxe e teoría e que, hoxe por hoxe na Galiza, enmarca a liña do Partido Galeguista que mestura nunha casa común o que Galicia precisa e aquilo que os Galeguistas estamos en disposición de dar.
Ou cando os contactos de alto nivel Galicia-Portugal producense en Estremadura
O Presidente da Xunta viaxou a Badaxoz a facerse unha foto cós importantes Zapatero e Sócrates, e vai relegarse felizmente nun papel de segundón, ou “presidente regional” alentador de pandereta e gaita. Máis folclore. O presidente galego non ten a personalidade política nin o peso internacional (sí o teñen vascos e cataláns) para ter un cumio bilateral có goberno portugués para tratar cuestións da suma importancia para a configuración do noso mapa económico, nomeadamente o da Galicia meridional.
Nin “Pan Galicia”, que quedou condenado na historia como mera broma ou chiste sen pizca de gracia, aínda que rido polo PP galego da época, que tratou ós galegos como un pouquiño idiotas ó presentarnos un “Plan Marshall” sen financiación. Nin o goberno multicolor e progre do bipartito, que segue a facer o ridículo chamando á necesidade urxente de abri-lo proceso de elaboración do novo Estatuto de primeira, cando o vixente vai morrer sen ser consumado nin plenamente aproveitado. ¿Coñece o señor Touriño que o noso Estatuto, que polo visto xa non serve a Galicia, prevé a solicitude ó Goberno central a elaboración dun Tratado Internacional cá República de Portugal para “questións de interese galego-portugués dadas as suas identidades culturais e económicas”? ¿Existe algo mais económico para as mercadorías galegas que a conexión en ata velocidade con Portugal có gallo de consolidar esta eurorexión? ¿Existe algún maior vehículo de cooperación cultural que o establecemento de canles de transporte de pasaxeiros modeno e europeo?