Documento sin título

 
Google

 

 

Con data 4 de Setembro de 2009, en convocatoria extraordinaria aprobada e autorizada polo Consello Galeguista, máximo órgano entre Congresos, de 29 de Agosto de 2009, xuntouse regulamentariamente en primeira convocatoria e con quórum suficiente –superando os asistentes a metade máis un dos integrantes, segundo o Articulo 15.3- a Executiva Nacional do Partido Galeguista, adoptando, entre outros, os seguintes acordos:

1.- De acordo cos Estatutos vixentes, articulo 16.3, por UNANIMIDADE nomease  COORDINADOR XERAL a D. Francisco López Franco e a efectos orgánicos e competenciais, a EXECUTIVA NACIONAL DO PARTIDO GALEGUISTA queda configurada segundo o seguinte:

o   Membros natos:

o   PRESIDENTE: Xesús Manuel Suárez García

o   VICEPRESIDENTE: D. Ángel Rodríguez Conde

 

o   COORDINADOR XERAL: D. Francisco López Franco

o   SECRETARIA DE ACTAS: Dª Teba Conde Herrezuelo

o   SECRETARIO DE IMPLANTACIÓN: D. Ramón Rodríguez Cobas

o   SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN: D. Jon Francisco González Pérez

o   SECRETARIO DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS: D. Manuel Chas París

o   SECRETARIO DE RELACIONS EXTERIORES: D. Francisco Pérez García

o   VOCAIS: D. Manuel Marante Gómez, D. Pedro Agra Aguión, Dª Rocío López Vecino, Dª Monserrat Viqueira Neira, D. Francisco Bugallo Feijoo, D. Francisco Javier Martínez Méndez, D. Eduardo Rubianes Castro, Dª Mª Esther Rodríguez Vázquez, D. Manuel Barcala Pereiras, Dª Maite Fernández Piñeiro, Dª Vanessa Prieto Giráldez, Dª Isabel Gutiérrez Fábrega, D. Jesús Martínez López, Dª Khaterine Varela Fernández, D. Antonio Deza Alves, Dª Lucía Vázquez López, D. Pablo López Barrera, D. Orlando Villamayor Torres, D. Camilo Conde López, D. Víctor Manuel León Queiro, D. José Antonio García Jurjo y D. Manuel Touriño Camiña

O Coordinador Xeral e os distintos Secretarios nomeados aceptan o cargo e toman posesión de íl.

  

2.- Por UNANIMIDADE e dando cumprimento ó decidido polo Consello Galeguista de 29 de Agosto de 2009, procedeuse a nomear PRESIDENTES das COMISIONS XESTORAS que auditarán e regularizarán a vida partidaria das XUNTAS LOCAIS con Executivas disoltas po lo citado Consello Galeguista, quedando nomeados D. Manuel Barcala Pereiras como Presidente da Comisión Xestora da Xunta Municipal de Vigo, D. Francisco Prieto Prol como Presidente da Comisión Xestora da Xunta Municipal de O Grove, D. Manuel Chas París como Presidente da Comisión Xestora da Xunta Municipal de Redondela e D. Camilo Conde López como Presidente da Comisión Xestora da Xunta Municipal de Monforte de Lemos.

3.- A Executiva Nacional constata que o “Regulamento Interno da Executiva Nacional” no ten sido presentado, como é perceptivo, para o seu debate e aprobación diante do Consello Galeguista. Por UNANIMIDADE acordase presentalo no próximo Consello Galeguista e cumprir así  os requisitos Estatutarios que outorgan validez o devandito Regulamento Interno.   

4.- A Executiva Nacional, cumprindo o aprobado polo Consello Galeguista, máximo órgano entre congresos do Partido Galeguista segundo o sinalado no Articulo 11 dos Estatutos vixentes, do 29 de Agosto de 2009, procede a ANULAR e DESCONVOCAR A CONVOCATORIA DE CONGRESO EXTRAORDINARIO fixado para el 12 de Setembro en Redondela; asimesmo disolve a Comisión Organizadora e o ordena o cese nas súas funciones, deixando sen efecto, si as houbera, tódalas resolucións e/ou comunicacións internas e externas da devandita  Comisión Organizadora. Asimesmo, a Executiva Nacional reitera as distintas Xuntas Locais e demais órganos do Partido Galeguista a información relativa a anulación e desconvocatoria do citado Congreso Extraordinario, incluíndo de forma resaltada esta información na web www.partido-galeguista.org 

5.- A Executiva Nacional expresa a súa preocupación polos graves danos a imaxe do Partido Galeguista que están a ocasionar certas persoas que aparecen publicamente arrogándose unha representatividade política, e posiblemente administrativa, do Partido Galeguista que non teñen. Esta usurpación de representatividade que está a sufrir o PG inclúe indicios de presuntos delitos contra a seguridade do tráfico xurídico e presuntos fraude ou falsidade en documento público, que agora mesmo está a investigar a Comisión de Garantías. A Executiva Nacional acordou por UNANIMIDADE trasladar ó Gabinete Xurídico instrucións para que proceda pola vía legal para perseguir estas accións e depurar responsabilidades, sexan estas penais ou administrativas.


 


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal