Documento sin título

 
Google

 

 

Olívicos e cascarilleiros:

unidos no sentimento Galeguista

O domingo vaise  xogar o partido que irmana os sentimentos galeguistas de dúas cidades, referente da idiosincrasia do país galego, tendo como fondo o azul-turquesa do Océano Atlántico, mar polo que navegaron  as ilusións dos mozos conquistadores que ían na procura  do Dorado venezolano, arxentino, uruguayo, etc. O sentimento da Nación de Breogán está por enriba do aproveitado político abrindose paso a  cobadazos para sair no retrato desexando monopolizar o encontro no seu favor. A máis pura esencia do fútbol con todos os aditamentos que fixeron deste deporte a nai de todos os deportes, vaise a dar cita en Riazor.

Levantarase o telón  do teatro do sentimento cargado de galeguismo cando saian dos vestiarios os representantes de tódolos galegos portando o estandarte de Galicia. Ao final do partido, gañe quen gañe, que soe A Rianxeira en perfecta simbiosis das dúas afeccións, a rivalidad dura noventa minutos, a amizade, toda a vida

Gonzalo Frade Soto


¿Qué medio de comunicación trasladará o cidadán o escurantismo e a realidade das intrigas palacegas que está suscitando a redacción do III Estatuto de Galicia? Porque, non nos enganemos, o que están a facer o tripartito instalado no Parlamento Galego é máis propio dun función circense que de algo tan serio como debería ser senta-la bases para poder lexislar e acadar o nivel de autogoberno que Galicia necesita.

No medio desta función pagada cos impostos de todos nós, condicionados por estratexias mediáticas que procuran a creación de correntes de opinión a medida e, tamén,  practicamente privados de outra cousa que non sexan os “dereitos naturais dos espectadores”, quedamos os Galegos e Galegas; posiblemente non todos, pero si aproximadamente ese millón e medio que decidimos que ningún dos da “troupe” nos ofrecía garantías suficientes para considerar representada a nosa opinión. Aínda así, na maioría das esferas mediáticas e intelectuais desta nosa Terra, semella que existe a decisión de que o III Estatuto da Galicia sexa unha función a tres tristes tigres orquestrada, dirixida, controlada e condicionada polo stablishment; función circense na que, diría eu, sobra un “tigre-clown”, o BNG, que é xustamente quen máis esforzos fai para acadar protagonismo e que, por outra parte, só poderá ter final feliz –ou como queira chamárselle a redacción final do Estatuto que supere o trámite Parlamentario- se os dous “artistas” maioritarios, PSOE e PP, atopan algunha Agatha Ruiz De la Prada que combine remendos e cores nun modeliño de “haute couture” que trunfe na Pasarela Cibeles de Madrí. 

Por certo, ¿saben vostedes que as Consellerías do BNG están a financiar solapadamente e con cartos públicos a substitución, en locais e páxinas de internet de grupos ou entidades relacionadas coa emigración, da bandeira nacional da Galicia por esa outra que ten unha estreliña vermella e que non representa a ninguén máis que os militantes do bloque?

Xabier González

presidencia@partido-galeguista.org


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal