Documento sin título

 
Google

 

 

UNHA DELEGACIÓN GALEGUISTA PARTICIPARÁ NO III CONGRESO DO PARTIDO DA NOVA DEMOCRACÍA (Portugal)

Unha delegación do Partido Galeguista, encabezada polo  Presidente do P.G., Xabier González, e por Xesús Martínez,  coordinador-portavoz designado pola Executiva Nacional do P.G. para asuntos relacionados con Portugal, asistirá o III Congreso do Partido da Nova Democracía (P.N.D.) que terá lugar en Lisboa o 4 e 5 de Novembro. A Delegación Galeguista ten unha ampla axenda de traballo que inclúe reunións de traballo, nas que se concretará a celebración na Galicia do II Cumio Galaico-Portugues entre o P.G. e o P.N.D., así como contactos con representantes do grupo de parlamentarios europeos Independence-Democracy e do movemento European Union Democrats, e a intervención nas sesión de apertura e clausura do Congreso.

A decisión do P.G. de enviar unha delegación ó máximo nivel ven a dar continuidade e ratificar  a vontade de estreitar a colaboración  entre os Galeguistas e a Nova Democracía. Nos seus 75 anos de historia, o Galeguismo sempre defendeu, como aspecto básico do autogoberno da Galicia, as relacións fraternais co Estado Español e Portugués. Nese senso, P.G. e P.N.D. teñen avanzado en acordos bilaterais históricos, como foi o de que o Partido da Nova Democracía ten sido a primeira formación política portuguesa que apoiou explicitamente un texto, a proposta Galeguista, de Estatuto Galego. 


A actividade política non é un espectáculo, aínda que moitas veces a sensación desde a óptica cidadá é que sobran ilusionistas en excedencia involuntaria, hipnotizadores con miopía galopante, trapecistas e equilibristas dispostos a morrer antes que deixar a cadeira, vedetes que viñeron a menos,  homes-bala sen casco aínda que cheo de ambicións, paiasos que non fan rir, autostopistas nos arcéns das vías rápidas que levan ó poder, ou tres tristes tigres con dentes de madeira e algún que outro “Rei León” que agora exerce de oposición larvada. Pero non, resístome a deixarme convencer pola sensación de que iso que chaman “a política” pouco máis é que un circo ó que os cidadáns están convidados sempre e cando paguen a entrada dos impostos, directos e indirectos, cos que esa empresa gobernamental que chaman “Facenda pública” felicita manu militari  cada nómina ou cada conta de resultados.

Hai administracións que se levan especializado en distraer a atención da sociedade cun traballo, en moitos casos eficaz, de facer da política un espectáculo mediático no que a realidade obxectiva –esa que palpamos no día a día das cestas dos supermercados, nas listas de espera da sanidade, no acoso da globalización as pequenas e medianas empresas, na falla de oportunidades laborais, etc., etc.- é substituída por unha dialéctica mediática, preocupada unicamente por difundir versións axeitadamente adaptadas as comenencias particulares que, sempre, mudan cando as cotas de poder pasan da man dos Tirios a dos Troianos. Así, os que agora nos gobernan e os que antes nos gobernaron, consideran como éxitos propios que a selección de Baloncesto gañe o mundial, que toque a lotería de Nadal en Lugo, que chova en Ourense xusto na ponte na que Estremadura ten que racionar o subministro de auga, que haxa cada día mareas en Pontevedra ou que na Coruña luza o sol mentres as chuvias torrenciais asolagan media costa do Mediterráneo.

O P.G. concurrirá ás municipais como Partido Galeguista. Non hai no Galeguismo actual a percepción de que experiencias anteriores do P.G., como as de Unidade Galega, Coalición Galega ou mesmo as dos últimos anos da década dos oitenta con EU e o PNG, teñan algunha posibilidade de vixencia na actualidade. As coalicións envían o electorado unha mensaxe subliminal pouco construtiva por canto recoñecen, de facto, que non hai unidade senón consenso tácito e, por extensión, comenencia e ese egoísmo innato do particularismo que tanto leva prexudicado a nosa Terra e sempre impide construír e vertebrar axeitadamente un proxecto. Sendo precisos, neste intre histórico da política Galega a fórmula da decantación garante todo aquilo que son  incapaces de garantir as mesturas na batedora. Galicia reclama un movemento cidadán e empresarial comprometido, que se exprese o través dun proxecto no que o voto sexa sinónimo e garantía de voz eficaz nas institucións; o que menos precisamos os Galegos e Galegas  son Mesías ou dirixentes “pret a porter”, que nos digan que xa pensan por nós porque son eles os que teñen deseñado o proxecto que a nós nos convén. Tendo un proxecto sólido, como realmente o ten o PG, non hai razón algunha de facer bricolaxe político e si penso que o que a cidadanía Galega nos pide é que sexamos capaces de dicir “non” a todo aquilo que, aínda que semelle abrir atallos, conleve o risco da perda da forza unitaria que representa, diante da cidadanía, o noso proxecto por si mesmo.

Xabier González

presidencia@partido-galeguista.org


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal