Documento sin título

 
Google

 

 

Nin os de agora, nin os de antes

Froito da mercadotecnia partidista, que non deixa de ser unha simplificación dese tan relixioso e nada laico concepto do ben e do mal, os cidadáns sufrimos tentativas de lavado de cerebro que teñen como único obxectivo un xeito de militarización larvada que, aínda que se invoquen outros pretextos, persegue a incorporación a filas dos votos da cidadanía para saír gañadores de cada “cruzada” electoral.

Pero, se queremos ser rigorosos a hora de definir o noso sistema como democrático, as comparecencias, que non contendas, electorais non son “cruzadas” de uns contra outros porque se así fora estaríamos alimentando esa fractura social que primeiro divide e logo, case sen que ninguén se decate, remata en confrontación e violencia.

O fundamentalismo político, e teñamos sempre en mente unha España que leva séculos en proceso de construcción-destrucción, non vai alén de ser unha expresión de ignorancia, unha mera substitución de calquera exercicio racional por todo aquilo que ten de profundamente negativo a palabra “fe”; esa fe cega que ten de compañeira a esperanza de ter poder abondo para impor ideas e criterios aqueles que non opinan igual.

Dividir a realidade en dous cores é como pasar das películas en tecnicolor aquelas que, fai moitos anos, eran en branco e negro; e diría máis, se a cidadanía permite esa regresión que sexa consciente de que o seguinte paso é o cine mudo, no que o único que se escoitan son as notas don pianista que, relendo a Orwell, ven a ser como un “Gran Hermano” ocasional  que interpreta composicións das que, case sempre, os cidadáns descoñecen a verdadeira autoría. Non esquezamos que en dous cores, azul e roxo, dividiron Tirios e Troianos este país o longo das tres primeiras décadas do pasado século XX; o resultado todos sabemos que foi unha confrontación civil que lle deu, nas catro décadas seguintes, patente de corso a unha oligarquía instalada no poder e penurias, marxinación e represión, para esa inmensa maioría civil na que, ironicamente, estaban tanto os vencedores como os vencidos.

E aínda que semelle non ter nada que ver co devandito, lembro, a hora de escribir estas liñas, a campaña que fai un ano fixo unha coñecida televisión e na que, para promocionar o Madrid-Barcelona do ano, empregaba secuencias na que as rúas aparecían cheas de cidadáns, uns vestidos de merengues e os outros de culés, que daban a entender unha sociedade futbolera dividida en dúas tendencias irreconciliables; cara o final do spot aparecía, entre brancos e azulgranas, un cidadán vestido de árbitro que, de xeito subliminar, transmitía unha mensaxe visual de interposición entre contendentes irreconciliábeis, unha idea positiva e práctica da eficacia social de que alguén arbitre en nome dunha cidadanía que, por riba dos cores partidistas e fora dos fanatismos, cree que o exercicio democrático non ten nada que ver coa imposición ditatorial de criterios.

Hoxe, en pleno século XXI, xogar a cruzados é unha irresponsabilidade que nos afecta a todos e que non podemos consentir por máis tempo; asistir sen máis a espectáculos infantís como os que estamos vendo a diario na política Estatal ou Galega –que me lembran sempre aquelas gloriosas batallas entre sioux e cowboys nas que participei mais de unha vez cando era un neno- é, como mínimo, consentir que mexen por nós e digamos que chove.

Hai un amplo espazo en branco entre “os de agora” e “os de antes”, entre o actual bipartito e o anterior goberno monocolor da Xunta de Galicia, entre os da vaga de lumes e os do Prestige, entre o nacional-socialismo institucional da actualidade e o popular-fraguismo de fai ben pouco; un espazo progresista no social e centrado no económico, que pensa nunha Galiza construída desde os Concellos, as Parroquias e as Comarcas, e non desde os despachos da Xunta de Galicia; unha opción cordial e dialogante que ten un proxecto definido de Estatuto de todos e para todos, que quere escribi-la historia futura traballando no presente e incorporando ós cidadáns ás instancias de decisión que, verdadeiramente, permítanlles ser donos do seu destino.

Nin cruzadas de uns contra outros, nin guerras santas que fagan da confrontación e da división social a bandeira que substitúe ó consenso e o diálogo.

Porque Galicia merece algo mellor, “Nin os de agora, nin os de antes” , Nós, os cidadáns Galeguistas, sómo-los árbitros.

Xabier González

NIN UNS, NIN OUTROS

Fai uns días un bó amigo preguntóume por qué despois de haber abandonado a política fai 3 anos,despois de habelo pasado tan mal de haberme desilusionado dese mundillo, voltaba a ela da man dun partido que quere rexurdir,o vello Partido Galeguista.

Abrin un xornal e mostreille unhas novas do día.Entendeume a primeira,sabe como sinto e como vivo a política,según el de unha maneira atípica. Non é tan atípica, eso é o que atopei no PG..O que lle ensinei o meu amigo eran as tristes novas das consignas do PP os seus alcaldes para retrasar as firmas de convenios. Non podo entender que prime o interés partidista sobre os intereses do pobo, non podo entender que se queira conseguir votos non por facelo ben, sinon por decir o mal que o fan os outros. Por desgracia este proceder non é exclusivo do PP,tanto BNG como PSOE fan outro tanto do mesmo. Xa vivimos desgracias como as do “Prestige”,como a do lume, como a dos vertidos no Umia, e sempre é o mesmo:electoralismo puro e duro, os ciudadáns non interesan para nada, en vez de aunar esforzos,gastase o tempo en descalificacións mutuas, e uns aceptan que non estiveron acertados para engadir “ vostedes fixerono peor”.

Por outra banda, partidos que se consideran progresistas, tratan de cercenar a participación das bases nos seus órganos decisorios. A eterna canción : moi asamblearios pero só na teoría, estámelo vendo a cotío, poñen e quitan candidatos sin contar coas bases, as agrupacións locais tragan e tira pa diante, o que prima é perpetuarse nos cargos. Despois xa se contará cos militantes pa pegar carteis e ir de interventores e apoderados, e o que se mova non sae na foto. 

¿A dónde vamos así? Non resulta extraño que o pobo cada vez pase mais da política e dos políticos, que sexa mais reacia a votar e a participar, que cada vez a imaxen dos políticos vaia batendo rexistros negativos en canto a consideración e credibilidade.Dende o PG queremos decir “basta,nin uns nin outros”. Imos de unha vez por todas a cambiar o xeito de facer política, non imos abandonar a nosa xente,os nosos veciños, porque o día que cedamos o testigo a outras xeneracións, imos a seguir vivindo coa mesma xente, e imolo facer coa cabeza alta , sin avergoñarnos de haber sido políticos.

A xente que se vai incorporando a nosa Agrupación sempre lles digo o mesmo : “ non cambiedes, seguide sendo quenes sodes, solo somos administradores do interese do pobo, ese pobo que nos pon e nos quita si non facemos o que lles prometemos facer; que o fin e o cabo de eso se trata: os políticos somos os empregados dos ciudadáns, e si non defendemos a súa empresa(súa ,non nosa), vannos despedir e mandar o paro, e a ver que facemos despois.

Francisco Estévez

Presidente da Xestora do PG en Sanxenxo


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal