Documento sin título

 
Google

 

 

No mes de outubro, o Proxecto Galeguista de III Estatuto de Galicia contará con versións publicadas en Inglés, Francés, Alemán, Portugués e Castelán; coa previsión de que antes de fin de ano estén tamén dispoñibles as traducións ó Catalá e Euskera.

Asimesmo, esgotada a primeira edición impresa en Galego da proposta Galeguista; o P.G. está a preparar unha segunda edición, moi posiblemente un monográfico en formato tabloide, co obxectivo de distribuír gratuitamente 15.000 exemplares.

Outro referente do impacto da proposta estatutaria Galeguista está nas preto de 50.000 descargas do PDF desde a páxina web www.estatuto-galicia.com, que superou as 120.000 visitas no trimestre xullo-setembro.

Os Galeguistas seguiremos a traballar por un III Estatuto de Galicia “de todos e para todos”, que garanta a Galicia do século XXI que os Galegos e Galegas queremos e que, cada vez con máis presenza, reivindica o seu espazo natural entre as Galicias institucionais do Prestige e da vaga de lumes 


O abandono do rural e o reponte da emigración Galega son dous datos preocupantes que se desprenden dos estudos facilitados polo Instituto Galego de Estatística, correspondentes o exercicio do 2005 e 2006.

Incidir no impacto socioeconómico a nivel global de Galicia que, a medio prazo, significan esas 99.000 inmigracións e 82.000 emigracións. Destaca tamén que durante o ano 2005 Galicia acolleu 20.000 emigrantes procedentes do estranxeiro, dos que o 29% correspóndese a retornados (emigrantes Galegos ou fillos e netos de eles) de países como México, Venezuela, Suíza, Alemaña e Francia.

Estes movementos migratorios, que afectan maioritariamente a Galegos e Galegas comprendidos entre os 25 e os 34 anos e teñen un marcado carácter económico-laboral, poñen de relevo unha realidade que afecta gravemente ó medio rural Galego, moi superior nas consecuencias a medio prazo a desastres da envergadura do Prestige ou da recente vaga de lumes. Os Galeguistas reclamamos, unha vez máis, da Xunta de Galicia e do Parlamento Galego a urxente posta en marcha de medidas efectivas de vertebración social y económica para o noso país. A emigración, exterior ou interior, nunca é unha solución e sempre é un problema que deriva en desaxustes e precariedade.

                     


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal