Documento sin título

 
Google

 

 

O benestar do estado ou o estado do benestar

Dixo alguén que “a liberdade concedida non é liberdade senón foro”; sempre coincidín co autor da frase.

Vivo, desde sempre, xestionando as miñas liberdades individuais para que, por unha beira, sexan solidarias e non entren en conflito coas colectivas e, pola outra, sigan a ser liberdades e non foros. E teño que dicir que non teño a percepción de que a defensa das miñas liberdades produza colisións cos intereses da cidadanía,  aínda que si teño a plena convicción de que, en moitos casos, choca frontalmente coas dinámicas e interesados intereses desa administración que chamamos pública e que, case sempre e goberne quen goberne, non vai alén de ser unha macroempresa estatal destinada a recadar fondos do xeito que sexa.

O “estado do benestar” é un subproduto publicitario para crédulos, unha marca de gasosa e un brindes o sol, que crea unha imaxe pública dun sistema paradisíaco –no que hai democracia, transparencia e protéxense os intereses das minorías, e dos marxinados e discriminados- para agachar esa terrible realidade de que non vai alén de ser o “benestar do Estado” e, mágoa de elo, ten como obxectivo final o laminar os argumentos teóricos e prácticos dos activistas da defensa dos Dereitos Civís criando, por extensión, un subconsciente colectivo preñado de incertidumes e de resignación á escravitude normativa que impoñen os que, ocasionalmente, detentan o poder.  “Confundir para trunfar e manterse no poder” semella ser a norma número un da Administración e dos Gobernos, da o mesmo que sexan locais que autonómicos ou estatais; fronte a elo, a meirande parte da sociedade sobrevive nun estado de resignación que podería interpretarse como depresión latente que, pouco a pouco, a vai levando a inhibición das funcións propias e encamiñándoa cara os infernos de Dante pola Ruta Xacobea dos trastornos neurovexetativos inducidos desde a Administración.

Poñamos algúns exemplos para entendernos mellor.

Non é de recibo, nin tolerable, que a Facenda estatal teña unha normativa pola cal non devolve o IVE soportado a aquelas persoas xurídicas que non teñen IVE repercutido. Dito de outro xeito, aquelas entidades sen fin de lucro –asociacións culturais, benéficas, deportivas, artísticas, etc.- que non desenvolvan actividades empresariais e non teñan pedido a exención de IVE –que trae máis problemas que vantaxes- poden sufrir unha agresión tan anticonstitucional como a de ter unha declaración de IVE a devolver por Facenda e que se lle queden cos cartos que pagaron e tiñan que devolverlles. ¿Cómo chamarlle a isto? Só hai un xeito: apropiación indebida cometida pola Administración pública; como quen delinque é a Administración non pasa nada, se o fixera o contribuínte aféitano en seco. Pero claro, presentar un contencioso é algo que queda fora das posibilidades económicas do 99% das asociacións sen fin de lucro; así que o que toca é calar e ver como a chamada Facenda pública apropiase dos cartos que debería devolver aplicando razóns de forza en vez da forza da razón.

 


EDUARDO RUBIANES INCORPÓRASE A XESTORA DO P.G. EN VILAGARCÍA

Eduardo Rubianes Calvo, Presidente fundador da asociación contra a droga "Albatros" de Vilagarcía de Arousa e membro da Federación Nacional de Axuda ó Drogodependente, incorpórase a Xestora do Partido Galeguista de Vilagarcia; Galeguista de vello, no ano 1.983 Eduardo Rubians participou xunto a Fernando Quintela -daquela candidato a Alcaldía- na candidatura dos P.G. ó Concello de Vilagarcía.

Asesor e colaborador de numerosas entidades e organismos públicos e privados en asuntos relacionados coa problemática social, sanitaria e económica, e iniciativas legais relacionadas co tráfico e o consumo de drogas, presta asistencia no SPAD de Vilagarcía a persoas con dependencias; ten asesorado a Xunta de Galicia, a policia Nacional e a Garda Civil, os Xulgados e a Audiencia Nacional na persecución do narcotráfico. Colabora, asimesmo, con máis de 200 centros de rehabilitación de todo o Estado e a Comunidade Europea, tanto públicos como privados.

Para os Galeguistas, a decisión de Eduardo Rubianes ten un doble valor, a reincorporación ó proxecto do Galeguismo do século XXI dun irmán e tamén a simbólica materialización do fondo e claro compromiso Galeguista diante de cuestións de tanto calado social e económico como a problemática da drogadicción.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal