Documento sin título

 
Google

 

 


A agrupación Galeguista de Monforte, na xuntanza celebrada onte, resolveu aspectos organizativos cara as vindeiras eleccións municipais que, nas palabras de Antonio Varela, “preséntanse con moi bóas espectativas para os Galeguistas das Terras de Lemos, tanto no que atinxe a Monforte como na segura presenza de candidaturas Galeguistas nos restantes concellos da Comarca”.

Outro dos puntos da orde do día foi p relativo a vaga de incendios nos montes Galegos. Neste senso, os Galeguistas das Terras de Lemos porán en marcha unha campaña informativa co obxectivo de informar as comunidades e propietarios de superficies forestáis da postura do P.G. que, tal e como se fixo xa pública, é radicalmente oposta a que os propietarios particulares ou comunidades de montes paguen á Xunta de Galicia facturas por apagar os lumes. Antonio Varela salientou que "é un contrasentido que os cidadáns paguemos impostos para ter servizos, entre os que está unha axeitada protección das nosas propiedades, e veña a Consellería de Medio Rural  dicíndonos que tamén temos que paga-las facturas. No rural xa pagamos impostos abondo, o das facturas por apagar o lume é un despropósito que os cidadáns non podemos consentir"

Na xuntanza, á que asistiu o Presidente do P.G., Xabier González, gardouse un minuto de silenzo polas víctimas do accidente ferroviario de Villada.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal