Documento sin título

 
Google

 

 

VÍCTOR CASAS REY (1890-1936)

Abandonou o seu traballo como viaxante en prol da actividade política. En 1918 participou na Asemblea Nacionalista de Lugo. Posteriormente colabora activamente nas Irmandades da Fala e funda o Partido Galeguista, sendo membro do consello executivo e Presidente do P.G. en Pontevedra. Colaborou co xornal A Nosa Terra e chegou a ser o director.

Cando foi o levantamento militar do 18 de xullo foi condenado a morte e morreu fusilado no monte de A Caeira (Pontevedra) o 12 de novembro de 1936 xunto con Xosé Adrio Barreiro, German Adrio Maña, Telmo Bernárdez Santome, Amancio Camaño Cimadevila, Ramiro Paz Carvallal, Luís Poza Pastrana, Benigno Rey Juncal, Juan Rico Gonzalez e Pablo Novas Souto.

Victor Casas é un dos persoeiros históricos da corrente Galeguista máis laica e progresista. De un xeito ou de outro, estaba na mira dos fusís reaccionarios desde moitos anos antes do golpe militar do trinta e seis.

 

Unha carta súa datada no 11 de Marzo do 1921, titulada “Um velho sonho: ¿A independencia da Galiza?” publicada no xornal “Imprensa de Lisboa”, e un artigo que publicou  no número 137 de “A nosa Terra”, o 31 de Marzo do 1.921,  fixerono obxectivo da vixiancia policial quince anos antes do seu asasinato. O informe policial falaba de Victor Casas e de Bernardino Varela, o outro asinante das cartas publicadas no xornal portugués, nos seguintes termos:

«3 de abril de 1921

En contestación a lo interesado por el Gobierno Civil de esta Provincia en virtud de lo que se dispone en la comunicación n.° 106- V E. 10 sección de Política del Ministerio de Estado, fecha 22 de Marzo, último, para cumplimiento de R. O. comunicada al Sr. Subsecretario del referido Ministerio, afín de que se averigue quienes son los firmantes de las cartas que se mencionan en el recorte que se adjunta del periódico de Lisboa "A Imprensa", en donde se ha iniciado una campaña separatista gallega...


Ánxel Casal Gosenge naceu o 17 de decembro de 1895, na casa nº 28 da Fonte de San Andrés, en pleno vello barrio da Pescadería,de A Coruña. De familia traballadora que nunca foi de acomodo, os seus pais, Manuel Casal Basteiro, xornaleiro natural de Vilantime (Arzúa), e Filomena Gosenge Arias, de Visantoña (Santiso), aparecían no padrón municipal de 1894 como criados dun crego co que habitaban o segundo andar da citada vivenda da Fonte de San Andrés. Segundo testemuño dun dos irmáns de Casal, Manuel Casal Agra, seu pai trasladárase á Coruña para facer o servicio militar e, logo de tres anos na milicia, na que chegou a sarxento, casou e quedou a vivir na capital coruñesa, onde aprendeu o oficio de xastre e montou unha fonda. Como apunte, dicir que no padrón de 1899, os Casal Gosenge xa non figuraban como criados do cura e vivían na rúa da Galera, 40,1º; dous anos máis tarde faleceu Filomena e Manuel casou con María Salgado Otero; coa segunda muller e os dous fillos do seu anterior matrimonio, Ánxel e Xenoveva, ocupaba en 1908 os dous primeiros pisos da mesma casa da rúa Galera.

Sendo aínda moi novo, no 1909, emigra a Arxentina e reside en Bós Aires, onde permanece dous anos de empregado en diversos oficios. Retorna a Galicia e entra a traballar no consulado de Francia, país ao que emigrará novamente logo dun tempo debido à precariedade económica, ainda que voltou á Galicia os  poucos meses. No  1914 entra como voluntario no servizo militar, remata no 1917 esta xeira da que sempre gardaría malos recordos.

En 1920 casou con María Miramontes e para sobreviviren abriron unha tenda de tecidos. Uniuse á Irmandade da Fala da Coruña, colaborou no Conservatorio da Arte Galega e foi o promotor e primeiro mestre da Escola do ensino galego (galeguista e laica) 1926-1931 das Irmandades, a primeira que utilizou o galego. No ano 1924, xunto ao seu amigo Leandro Carré, funda a Editorial Lar; Anxel Casal ocupa o cargo de Administrador mentres que Carré é o Director. Ao ano e medio sae a primeira tirada da revista Nós. Tras permanecer xuntos pouco máis de dous anos, Casal e Carré deciden separarse e cada un continúa coa súa propia editorial: Carré con Editorial Lar e Casal funda a Editorial Nós, que fica coa revista. Nesta imprenta tamén comezan a producir a revista A Nosa Terra, órgano das Irmandades da Fala, e o xornal republicán El Momento que, por falla de apoio, só durará 14 números e arrastra a Nós case a quebra.

En agosto de 1931 trasladouse, para tratar de remontar a empresa, a Santiago de Compostela na Rúa das Ortas. Militante dende a súa creación do Partido Galeguista, foi alcalde de Santiago dende febreiro de 1936 ata a súa morte. A súa notable contribución pola cultura galega fixo que fose homeaxeado en outubro de 1934 polos intelectuais galeguistas da época, pasando a ser dende aquela unha das referencias claves da cultura do país. Despois da vitoria da Fronte Popular, é o primiero alcalde do Partido Galeguista que ten Santiago de Compostela, sendo tamén Vicepresidente da Deputación Provincial de A Coruña. Participou notoriamente na elaboración e na propaganda e campaña do referéndum do Estatuto de 1.932. Foi o editor e impresor das revistas avangardistas Claridad (1934) e Ser (1935) Tras a sublevación militar do 18 de xullo trasladouse a parroquia Arzúa de Vilantime; foi detido e encarcerado o 4 de agosto, o seu corpo apareceu o 19 de agosto nun foxo da estrada de Cacheiras, marcado hoxe cun pequeño monumento.

A MEMORIA HISTÓRICA DESTE CRIME

No ano 1936 contaba Lois Seoane – baixo o seudónimo de Conrado Alem, que empregou ata a súa dona puido saír de Galicia-  que Ánxel Casal, despois de chegar a Compostela de Madrid, fora detido e levado para a cadea municipal, se ben, despois das correspondentes declaracións, non se puideron formular contra el cargos concretos.

Iso motivou que os chamados "Caballeros de Santiago" o sacasen unha noite na compaña de José Devesa Areoso para acabar asasinándoo "nun trasanco a carón da estrada, na parroquia de Cacheiras". Seoane engade que pouco despois, nas tabernas de Santiago "el asesino, el procurador Solla, absolutamente borracho, se vanagloriaba de esa hazaña y relataba a sus amigos de francachela cómo antes de morir, Casal y Areosa le habían rogado por la vida y cómo él no tuvo piedad de ellos". Os veciños de Cacheiras doaron sabas para enterrar os mortos sen caixa,

En senso estricto, cando se produciu o "alzamiento" Ánxel Casal xa non era alcalde de Santiago. Os representantes do Partido Galeguista xa presentaran a dimisión porque o proceso estatutario que lles interesaba e os levara ós poderes local e provincial xa estaba en marcha; era tempo, entón, de eleccións municipais.

As palabras dun personaxe da categoría de Salvador Cabeza de León, catedrático de Dereito e presidente do Seminario de Estudos Galegos, xa nos anos 1932 e 1933, en cartas a César Vaamonde Lores de Casal, falan ben ás claras da actividade do grande editor da Galicia: "veo que imprime todas las hojas sindicalistas, comunistoides, etc., y el ambiente compostelano no es el más propicio para esta clase de actividades: allá el" ou "resulta especialista en la impresión de hojas volantes. Salen de su taller casi todas las que se publican en esta apostólica urbe: desde luego todas las indecentes, insultantes, indignas, las que no encuentran acogida en ninguna parte no siendo en los amorosos brazos de Casal. Yo comprendo que la necesidad, como traducía el curita del cuento, tiene cara de hereje; pero también comprendo que una imprenta no se dignifica, ni mucho menos, sacando a luz esperpentos llenos de inmundicia; ni me parece que resuelva problema económico alguno, la mísera cantidad con que se paguen tales ataques contra la decencia y el buen gusto. Pero como no soy tutor de Casal, allá él, con su alma y su palma. Que acaso consiga la de martir, con esos procedimientos".


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal