Documento sin título

 
Google

 

 

DÍA DA GALIZA MÁRTIR
"Sempre Galeguistas"
 
 
Como cada ano, os Galeguistas honramos o 17 de Agosto a tódolos que diron a súa vida por Galicia, representados na figura de Alexandre Bóveda, cunha oferenda floral da Executiva Nacional e militantes/representantes das distintas agurupacións do P.G. diante da seu monumento en Pontevedra e logo no cimeterio de San Mauro.
O adianto do programa de actos de este ano, convocados baixo o lema de "Sempre Galeguistas" é:
 
11:30 horas
PONTEVEDRA: Monumento Galeguista a Alexandre Bóveda na praza de Curros Enriquez
Oferenda floral ós mártires galeguistas
Acto que no que está prevista a intervención do Presidente do P.G. e membros da Executiva Nacional, así como do padrón fundador da Fundación Alexandre Bóveda  e Vicepresidente do P.G. Manuel Suárez García e dun representante da Federación de Ateneos Galeguistas.
 
12:30 horas
PONTEVEDRA: Cemiterio de San Mauro
Oferenda floral a Alexandre Bóveda
A oferenda rematará coa intervención do histórico militante Galeguista ANTÓN MOREDA, cofundador nos anos cincuenta das Mocidades Galeguistas de Bós Aires, das cales foi Secretario de Propaganda e logo Secretario Xeral; p Participou no I Congreso da Emigración Galega como delegado das Mocidades Galeguistas e, de volta na Galicia no ano 1960, contacta co colectivo "Brais Pinto" , no que coincide, entre outros, con Raimundo Patiño e Méndez Ferrín e  participa na fundación do Consello da Mocedade, do cal foi elexido Secretario Xeral. É militante activo do Partido Galeguista, que lle concedeu a Medalla de Ouro pola súa traxectoria de defensa da terra e do galeguismo.
 
No ano 1942, o galeguismo no exterior instituíu o 17 de Agosto como Día de Galiza Mártir ou Día dos Mártires Galegos, co obxectivo de render homenaxe, a través da persoa do secretario do P.G. Alexandre Bóveda, ás ducias de persoas que deron a súa vida na loita contra a dictadura franquista. Corenta e tres anos despois, no ano 1985, e dando cumprimento ó acordo do V Congreso do P.G., recuperouse politicamente a data e estendeuse a súa simboloxía a tódolos homes e mulleres que, no decurso da milenaria historia da nosa nación, foron represaliados ou morreron por defender a identidade galega; aquel ano convocouse e celebrouse un acto unitario (xunto con outras forzas democráticas galegas) ó que non se sumou o BNG.
 
A reivindicación da memoria histórica no 17 de Agosto, data tan humanamente tráxica como politicamente simbólica para Galiza e o Galeguismo, ten un fondo significado na recuperación da dignidade nacional galega; como tamén o ten de repulsa da máis violenta tentativa de aniquilación da identidade e da cultura galega dos últimos séculos. O “Día da Galiza Mártir”, de xeito moi especial, réndelle homenaxe as víctimas directas que, como testemuña inmorrente, sobreviven na memoria dos galeguistas e na historia da Galicia aos seus verdugos, como da fe a súa mesma enumeración no MEMORIAL DOS MÁRTIRES que reproducimos na versión extendida desta nota (premendo no titular, redireccionase ó texto completo e o memorial)

Cando Galicia arde non é o momento axeitado para críticas sensacionalistas nin  confrontacións políticas, que procuran unicamente rendementos electoralistas, nin para debater como construír unha eficaz política de prevención para evita-los incendios; é o intre de achegar mans e esforzos cun único obxectivo: apaga-lo lume.

Xa que logo os Galeguistas facemos un chamamento en dúas direccións claramente definidas.

Por unha beira ás formacións políticas da Galicia, especialmente aquelas que teñen representación no Parlamento Galego e na Xunta, para que consideren a situación como unha cuestión de Estado na que non é oportuno “facer oposición” senón aportar mans que apaguen os lumes.

Pola outra, á poboación civil das áreas urbanas para que, nun acto de solidariedade coa poboación das zonas rurais e coa Galicia mesma, ofreza diante dos organismos competentes a súa voluntaria colaboración en todas aquelas iniciativas e tarefas loxísticas e de apoio que o Executivo Galego e a Administración considere oportunas.

Consonte co devandito e convencidos de que hai que falar con feitos, a dirección do P.G. transmitiu as súas Agrupacións a directriz de que coordinen e trasladen diante das instancias locais, provinciais e nacionais, as iniciativas de voluntariado de militantes e simpatizantes Galeguistas en tarefas de apoio que axuden a supera-la actual crise.    

Os dous millóns de hectáreas  de ecosistemas forestais, case o 70% da superficie xeográfica do territorio actual da Galicia, son un activo patrimonial único que, ademais, integra valores paisaxísticos e psicolóxicos da meirande importancia. O desastre que comporta a súa destrucción paulatina é unha catástrofe natural máis lenta pero de máis dimensión que a do “Prestige”.

Un “nunca máis” que garanta vida e futuro para os nosos montes e unha necesidade urxente na que os cidadáns deben de participar activamente porque loitar contra os  incendios é unha cuestión de todos; sen que elo implique merma nas esixencias e na responsabilidade directa que ten a Administración.  


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal