O Consello Galeguista é convocado prá reunión estraordinaria a celebrar o vindeiro día 29 de Agosto ás 11.00 horas en 1ª convocatoria e ás 11.30h. en 2ª, no Palacio de Congresos i Esposicións da Toxa (O Grove)
Fago esta convocatoria ó abeiro do artigo 13.3 (“O Consello Galeguista tamén pode ser convocado, con carácter extraordinario <…> a iniciativa do Presidente, para mellor defensa dos intereses do Partido”) e 13.4 (“As sesións extraordinarias serán convocadas coa urxencia que requira o caso”) dos vixentes Estatutos do Partido Galeguista.
O Orde do día da reunión é o seguinte:
1.- Leitura e aprobación, no seu caso, da acta da reunión anterior.
2.- Análise da situación interna do P.G. e adopción das resolucións que procedan en cada caso. Neste punto da orde do día incrúese o Informe do Presidente.
3.- Informe remitido pola Comisión de Garantías Democráticas e resolucións que procedan.
4.- Asuntos que teñen que ver cos seguintes apartados dos Estatutos do P.G.:
12.1.- Relativo a Congresos Ordinarios i Estraordinarios do Partido.
12.4.- Relativo a examina-la xestión da Executiva Nacional, á que se podería chegar esixirlle as responsabilidades políticas oportunas.
12.6.- Relativo á substitución de vacantes na Executiva Nacional.
12.12.- Relativo a garantir que os modos de xestión dos cargos públicos se adecúen ós comportamentos éticos e democráticos proclamados e defendidos polo Partido Galeguista.
12.27.- Relativo a determina-la política de alianzas do Partido.
12.28.- Relativo a que en caso de transgresións moi graves dos preceptos e das normas do P.G., o Consello Galeguista poderá suspender, ou mesmo disolver, unha Executiva Municipal ou mesmo unha Xunta Municipal. Nestes casos o C.G. nomeará unha Comisión Xestora para dirixir de xeito provisorio á organización no ámbito afectado.
5.- Rogos e preguntas.
Manuel Suárez
Presidente.