
A Executiva Nacional ven de celebrar unha xuntanza en Ourense o pasado martes día 7 de Xullo na que, para respecta-los tempos de traballo da Comisión Nacional de Garantías e defender do mellor xeito posíbel os dereitos de todos, se acordou muda-la fecha do Congreso Nacional para o 12 de Setembro próximo.
Asemade, acordouse que a data última para comunicar posíbeis emendas ós relatorios aprobados pola Comisión Organizadora do Congreso e logo ratificados pola Executiva Nacional, así como para comunica-los delegados elixidos cara ó Congreso por cada Xunta Municipal, será a do 8 de Setembro próximo.
O Congreso celebrarase, como estaba previsto, ás 10 da mañá na vila de Redondela cos seguintes puntos da orde do día:
1.- Presentación das credenciais dos delegados.
2.- Elección da mesa presidencial do Congreso.
3.- Decisión, se procede, sobre os afectados polos expedientes disciplinarios en curso.
4.- Debate e aprobación dos relatorios de Política e Estatutos.
5.- Elección dunha nova Comisión Executiva Nacional.
6.- Clausura do Congreso.
O Comunicado da reunión está asinado polo Vicepresidente do PG Antonio Varela Álvarez como “Coordinador Nacional do PG”