Documento sin título

 
Google

 

 

Manolo Chas, na sua calidade de Presidente da Xunta Local do P.G. de A Coruña, diante da grave fractura interna do proxecto Galeguista, que para nada ten  a súa orixe en posicionamentos ideolóxicos e sí, na  materialización de enfrentamentos por protagonismos persoais, conscente de que estamos diante dunha situación na que o propio futuro do P.G. está en xogo, fai un chamamento co obxectivo de que todos xuntos poñamos punto final e axudemos a reconstruílo proxecto político que ten que unirnos a todos.

Entendemos que a reunificación Galeguista ten que estar tutelado por aqueles que o IX Congreso elixiu por aclamación, como Presidente e Vicepresidente do P.G.; sendo isto así por canto existe un valdeiro real no exercicio da dirección do P.G. desde o cese do anterior Coordinador Xeral Manoel Soto, e a súa sustitución que foi totalmente ineficaz.  Consecuente co devandito, a nosa petición é que o Presidente electo no IX Congreso asuma de novo as súas funcións de governo e administración  da organización, o compañeiro irman galeguista Manuel Suarez, dimitindo todos os cargos actuais do Partido galeguista e permitindo a Manuel Suarez que propoña de xeito consultivo e non vinculante, solucions para a normalización e durante o tempo necesario ate acadar o grado de calma e regularización necesarias para iniciarmos o proceso que nos leve ao X Congreso do Partido Galeguista.

A reunificación do Galeguismo pasa polo aprazamento da celebración do X Congreso do P.G., así como por unha reorganización eficaz da Executiva Nacional que posibilite recupera-la dinámica de traballo político do PG con aquelas persoas que verdadeiramente desexen implicarse nun proceso constructivo de recuperación dos valores Galeguistas e do traballo de campo imprescindible para calquera formación política dende os principios irrenunciables de xenerosidade e solidaridade, que sempre caracterizaron os homes e mulleres do Partido desde xa fai mais de 75 anos

Este documento e suscrito na sua totalidade tamen por Manu Montero como un dos membros históricos do Partido Galeguista que se pon unha vez mais a disposición do proxecto galeguista. Ambos dous suscribintes consideranse totalmente lexitimados pola sua traxectoria galeguista para instar a todolos irmans a unir vontades no traballo común de facer país.

A Coruña, 8 de Xuño de 2009

Saude e Terra

Asinado, Manolo Chas e Manu Montero

 


Coincidindo co décimo aniversario da presenza do PG en internet, cunha web promovida polos Galeguistas de Ourense en Xuño de 1999 que renovouse completamente no ano 2004, a Agrupación do P.G. e o Ateneo Galeguista de Ourense anuncian que colabourarán no redeseño e coordinación de contidos, tanto históricos como da actualidade Galeguista, desta plataforma web. Segundo as previsións, a nova web Galeguista estará operativa antes de fin de ano e incluirá novas seccións abertas a colaboración e participación cidadán.

Nestes últimos cinco anos, a web recibiu mais de tres millóns de visitas, repartidas en mais de oitenta paises; destacando os downloads dos PDF da “Historia de Galicia” –con preto de 230.000 descargas-, a proposta Galeguista de “III Estatuto de Galicia” –que supera xa as 150.000 baixadas en total-,  e o grande interese que os internautas levan amosado polas seccións de multimedia.  

O proxecto de renovación contempla a constitución dun Consello Editorial que será o encargado de contidos da web e de continua-la tarefa destes últimos dez anos como medio de expresión xenuíno do Galeguismo, aberto á cidadanía e a tódalas correntes Galeguistas.   

 


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal