Documento sin título

 
Google

 

 

Fai hoxe vintecinco anos que a chamada de D. Ramón Martínez López e Manuel Beiras García, xunto con outros históricos Galeguistas, xuntábanse co traballo de resistencia das Agrupacións Galeguistas de Carballiño e Vilagarcía de Arousa para evitar a desaparición do P.G., auspiciada polo daquela Secretario Xeral do P.G. e escenificada nun IV Congreso do P.G. no que a postura de fusión con Coalición Galega gañou por dous votos de diferenza e despois de ter impedido, fraudulentamente, a participación de un cento de militantes do P.G. que apostaban claramente pola permamanencia como proxecto político diferenciado. O chamamento de D. Ramón e Manolo Beiras daba continuidade o traballo que moitos militantes Galeguistas, desde facía meses, estaban a levar para manter en pé as siglas e o proxecto do P.G.; traballo polo que foron acosados e marxinados desde a dirección e que produxo situación tan esperpénticas como a expulsión –a iniciativa da Secretaría Xeral e por (sic.) “ser un infiltrado do Bloque”- de Xabier González.

Xunto cos referentes incontestábeis que eran D. Ramón, Manolo Beiras, Lois Taboada Camoeiras, Pedro González, Xocas, etc., unha nova xeración Galeguista estaba a toma-las rendas do P.G. para leva-lo cara o século XXI. Foi no V Congreso –chamado “Da Concordia Nacionalista”- no que o P.G. voltou a rexurdir como forza política diferenciada, con Manuel Suárez García como Secretario Xeral, Xabier González –Vicesecretario Xeral 1º-, Francisco López Chesqui –Vicesecretario Xeral 2º-, nunha Executiva Nacional na que tamén estaban Manoel Tubío, Aquilino Moreira Carballeira, Fernando Quintela, Manolo Chas, Manuel Montero Villar, Rosa Núñez, Ramón González.  

Cando, fai 25 anos, D. Ramón e Manolo Beiras  lideraban o berro colectivo dos Galeguistas posiblemente estiveran lonxe de imaxinar que nos seguintes tres anos, a Dirección do P.G. fora o motor que propiciou o nacemento da Fundación Castelao, da Fundación Alexandre Bóveda e da recuperación das alianzas históricas cos nacionalistas Cataláns e Vascos.

Quen non coñece ou non lembra a historia está condenado a repeti-la; aínda que sempre haberá xeracións Galeguistas que sintan o chamado da memoria colectiva do P.G. e impidan que o P.G. se identifique con outra cousa que non sexa: ¡¡¡SEMPRE POR GALIZA!!!, ¡¡¡SEMPRE GALEGUISTAS!!!

 


CONGRESO EXTRAORDINARIO DO PG. Os órganos de decisión do PG (Consello Galeguista e Executiva Nacional), consideran que a etapa política aberta no IX Congreso está superada polos acontecementos políticos da sociedade galega e do propio partido, polo que compre celebrar un novo Congreso que lle dea maior pulo o necesario proxecto que para Galicia ten representado e representa o Partido Galeguista.

Xa que logo, a Executiva Nacional do partido materializou o mandato que tiña do Consello Galeguista convocando un Congreso Extraordinario, que será o X do PG, para o domingo 14 de Xuño próximo.

Asemade a estes efectos, e co gallo de procurar o maior grao de participación e transparencia posíbeis, a Executiva decidiu nomear dous organismos para unha aquelada organización do Congreso: unha Comisión Organizadora na que estarán representantes de tódalas Xuntas Municipais Galeguistas e unha Comisión Permanente que executará as directrices emanadas da Comisión Organizadora, logo de seren ratificadas pola Executiva Nacional.

Ábrese así un debate que levará a axustar do mellor xeito posíbel as políticas, os estatutos e a propia Executiva Nacional como viñan reclamando unha moi ampla maioría das bases do PG.

Como Presidente en funcións do PG invito a tódolos militantes a que, dentro das normas escrupulosamente democráticas que rexen a vida da nosa organización, participen activamente para conformar entre todos a opción que levará ó Partido Galeguista a unha ampla presenza nos concellos galegos primeiro, para abordar despois unha entrada, que será fundamental para o noso País, no Parlamento de Galicia.

Asdo.: Antonio Varela

Presidente en funcións do PG


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal