Documento sin título

 
Google

 

 

A maioría da Executiva Nacional votou a favor da proposta da Agrupación Galeguista de Ourense e confirmou a celebración dunha Conferencia Nacional, aberta a tódolos militantes do P.G., o próximo sábado 14 de Marzo, na cidade das Burgas.  Para participar na Conferencia Nacional o único requisito é ter acreditada a condición de militante do P.G. Os Galeguistas que desexen asistir deberán confirma-la súa asistencia antes das 16:00 horas do día 13 de Marzo, ó correo electrónico ourense@partido-galeguista.org

 

Prezados Presidente, Coordinadora Xeral do P.G. e demais membros da Executiva Nacional,

 

Cando falamos do Partido Galeguista estamos a falar dun imperecedeiro símbolo da historia nacional da Galiza e da súa Identidade social que, por mor de factores diversos, ten atravesado xeiras complexas das que sempre ten rexurdido e rexurdirá. Setenta e oito anos de historia, trinta de eles contemporáneos á democracia actual, xulgan o noso compromiso e a nosa actitude como Galeguistas, esixíndonos que aportemos o mellor de nós mesmos para construír, desde as lexítimas posicións ideolóxicas de cada un pero tamén desde o respecto e a lealdade, a unidade operativa da que xurde a verdadeira forza dun proxecto político que aspira a contribuír decisivamente na construcción nacional e no governo, tanto da Galicia territorial como da que existe espallada por todo o mundo.    

 

Os últimos tempos, e con eles as obrigadas decisións que toda Dirección partidaria ten o dereito e a obriga de adoptar, teñen sido unha proba extrema que ten convulsionado os cementos mesmos da imprescindible unidade, nun debate escaso de transfondo ideolóxico que ten minado o NÓS colectivo que empezabamos a conformar. É tempo de afrontar esa realidade con franqueza e sen subterfuxios para convencernos, individual e colectivamente, de que é unha situación perfectamente reversible da que, como Galeguistas, temos o deber de sair canto antes.

 

Ese espírito e esa convicción, provocou que os Galeguistas de Ourense, hoxe Martes, 3 de Marzo, teñamos acordado dirixirnos a Executiva Nacional do P.G. para, seguindo o procedemento regulamentario que garante a democracia interna e a transparencia, solicitarlle formalmente que aprobe e secunde a iniciativa desta Agrupación Galeguista de convocar unha Conferencia Nacional, inmediata e previa a calquera proceso recollido nos Estatutos do partido, na que a os integrantes dos diferentes órganos de dirección do P.G., locais e nacionais, xunto con tódolos militantes Galeguistas de base que o desexen poidan participar nunha xornada de convivencia, analise e reflexión política, que resulte un ACTO POLÍTICO ÚTIL do que poder sacar conclusións e no que se inspiren as medidas correctoras que, a curto prazo, precisa o partido.

 

A data proposta para a súa celebración é o sábado 14 de Marzo, ás 10:30 horas, e coa seguinte orde do día:

 

PUNTO  ÚNICO: Analise da situación partidaria actual. Debate de propostas e iniciativas que teñan como obxectivo correxi-la de xeito eficaz, que deriven na urxente estabilización orgánica do P.G. e impulsen a adopción de medidas correctoras inmediatas, por parte dos órganos estatutarios de Dirección do partido.

 

Na súa condición de convocante, a Agrupación Galeguista de Ourense organizará o acto, encargarase de modera-lo debate e levantará a acta da Conferencia Nacional, que serverá de base para a redacción dun Documento de Conclusións e Compromiso Galeguista. Daráselle traslado, de xeito oficial, do devandito documento á Executiva Nacional, ó Consello Galeguista e as diferentes Agrupacións Locais do P.G.

 

A Executiva Nacional encargaráse de facer chegar esta convocatoria a tódolos militantes e Agrupacións do P.G., tarefa na que nós tamen colaboraremos; subliñando a importancia da xuntanza e con especial énfase ós Cargos Electos polo P.G., a tódolos integrantes da propia Executiva Nacional e do Consello Galeguista. Para participar na Conferencia Nacional o único requisito é ter acreditada a condición de militante do P.G.

Os Galeguistas que desexen asistir deberán confirma-la súa asistencia antes das 16:00 horas do día 13 de Marzo, ó correo electrónico ourense@partido-galeguista.org

 

Por mandato da Asamblea da Agrupación Galeguista de Ourense, asino a presente comunicación.

Irmáns, Saúde e Terra

 


Foi e será sempre un matriota Galeguista con maiúsculas, un referente ilustrado que sabía trasmiti-la luz da fe no futuro nacional da Galiza que fixo da súa vida, da súa palabra e da súa obra, unha permanente decraración de principios insobornabeis,  un dos nosos no camiño das sombras a luz  SEMPRE POR GALIZA.

Avelino Abuín de Tembra non morreu nin morrerá   porque reside para sempre, e con absoluta xustiza, na memoria coleitiva dos NÓS Galeguista.

Hoxe, unha vez mais, lembro as túas palabras, cando escolliches Rianxo para berrar alto e forte: Nós veneramos a Castelao. Somos os seus epígonos, os seus seguidores e discípulos. Queridos amigos: Castelao non volverá. ¡Regresou!. ¡¡Está no Partido Galeguista!. ¡¡¡Está entre todos nós para sempre!!!.”

Saúde e Terra, irmán Avelino.

Xabier González

 

08 01 2007 :: Intervención de Avelino Abuín de Tembra nos actos Galeguistas do cabodano do pasamento de Castelao


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal