Documento sin título

 
Google

 

 

 

Co fondo sentimento que provoca a súa perda, dar conta do pasamento do irmán e mestre Antón Moreda Rodríguez, medalla de ouro do Partido Galeguista quen xa pertence para sempre a memoria coleitiva do movimento Galeguista e do P.G.

Antón Moreda Rodríguez (nado en San Miguel de Reinante – Lugo, no ano 1.934)  foi un dos fundadores das Mocidades Galeguistas de Bós Aires (ano 1.953), das que foi Secretario Xeral e participou no I Congreso da Emigración Galega; participou no mítico colectivo Brais Pinto, no que mantén unha estreita relación con Raimundo Patiño e Méndez Ferrín, e foi un dos fundadores Presidente do Consello da Mocidade (1.963). A Executiva Nacional acordou por unanimidade concederlle a máxima distinción partidaria, o emblema histórico en ouro do P.G., polo seu compromiso e activismo político na defensa das liberdades da Galiza e do ideario Galeguista.

A figura sobranceira deste Galeguista xongue nunha mesma expresión o Galeguismo Histórico e o Contemporáneo; para esta xeración, orgulosa de militar nun partido como o noso que está a construír o Galeguismo do século XXI, a súa exemplar traxectoria é un referente de valor incalculable tanto pola súa enerxía vital como pola humildade da que soubo facer un exemplo de grandeza. Nós, os Galeguistas, eliximos en quen deposita-la nosa devoción e o noso respecto, o irman Antón Moreda ten e terá sempre un lugar nesta historia que ninguén vai a escribir por nós porque, a través do Partido Galeguista, pertence o pobo Galego e a esa Galiza verdadeira e nobre que transcende a calquera xeración e a calquera tempo. 

As honras fúnebres, que terán lugar mañán xoves, día 4 de Febreiro, en San Cosme de Barreiros, asistirá Francisco López “Chesqui”, na súa condición de Coordinador Xeral do Partido Galeguista e por delegación expresa do Presidente do Partido Galeguista,  Xesús Manuel Suárez, así como integrantes da Executiva Nacional do P.G. Como homenaxe póstumo, serán portadores da Bandeira Histórica de Galiza (entregada polos Galeguistas de México fai perto de trinta anos a Dirección lexítima do Partido Galeguista) coa que se cobreu o cadaleito de Galeguistas ilustres como D. Ramón Martínez López e Manolo Beiras, entre outros, para renderlle as honras Galeguistas das que é merecente o xa inmortal Antón Moreda.

Irmán Antón, Sempre por Galiza, Sempre Galeguistas.


O Coordinador Xeral do PG, co visto bó do Presidente, convocou á Executiva Nacional do para unha xuntanza ordinaria o vindeiro sábado 7 de Novembro, ás 11 da mañan, no Hotel Katiusca de Silleda e co seguinte orden do día:

1º.- Lectura e aprobación da Acta da xuntanza anterior

2º.- Estratexia do PG cara as seguintes Eleccións Municipais do 20011

3º.- Actualización e Regularización do Censo de Afiliados

4º.- Rogos e preguntas

O Coordinador Xeral proporá a Executiva Nacional unha axenda de traballo do PG cara as vindeiras Eleccións Municipais que ten como eixo un traballo coordinado de implantación que posibilite chegar a elas co aval de presentar a cidadanía un traballo Galeguista consolidado, de seguimento e iniciativas.    


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal