Documento sin título

 
Google

 

 

Representantes de Terra Galega e do noso partido presentaron unha rolda de prensa conxunta na que manifestaron o seu compromiso de traballar dende agora pra conformar unha coalición que que sexa unha opción real de poder.

Adxuntamos o manifesto presentado á prensa.

1. O Partido Galeguista e Terra Galega coinciden na convición de que a sociedade galega, cunha identidade nacional ben definida, non conta cunha expresión política maioritaria que reflexe debidamente a realidade social do país.

2. Terra Galega e Partido Galeguista recoñecen a necesidade e a oportunidade de formar unha coalición estable que ofreza á poboación galega unha alternativa real de poder, centrada no galeguismo e firmemente comprometida ca nosa terra nun amplo abano ideolóxico, tolerante e integrador, disposto á incorporación doutros coletivos que compartan a nosa visión de Galicia.

3. Este proxeto está aberto a toda a sociedade sen distincións de status social: traballadores, pequenos e grandes empresarios, campesiños e mariñeiros, profesionais e funcionarios; o país necesita de todos eles e os intereses de todos eles deben ser defendidos. Cremos que a principal misión dun partido galego é sinalar obxetivos comúns pra toda a poboación e defendelos con eficacia.

4. O pacto de colaboración no que traballamos permitirá manter a identidade dos dous partidos, buscando un resultado sólido e non conxuntural que permita un acordo estable e definitivo.

5. Con este acordo comprometémonos mutuamente e diante da sociedade galega a ofrecer a este país unha alternativa sólida de poder que represente os obxetivos maioritarios da nosa poboación.


O presidente do Partido Galeguista, Manuel Suárez, nunha carta ao xuiz Garzón, solicita que, no proceso de reparación da imaxe das vítimas da represión da guerra e a post-guerra, tome as iniciativas oportunas pra anular o xuicio que condeou a morte a Alexandre Bóveda, destacado membro do noso partido.

Alexandre Bóveda foi unha persoaxe fundamental na conformación do Partido Galeguista e moi sinaladamente na preparación do Estatuto de Autonomía, que sería aprobado nas Cortes Españolas reunidas xa fóra de Madrid en plena contenda civil. Bóveda decideu non marchar ao esilio, crendo que a xustiza da súa causa o protexería de calisquer acusación, pero foi detido, xulgado i executado, asegún recolle o seu cuñado no libro “Vida, Paixón e Morte de Alexandre Bóveda”. Aínda hoxe conmove ler a carta de despedida que lle escribeu á súa muller. A data da súa morte o 17 de agosto do 1936 foi recuperada no 1985 polo Partido Galeguista como o Día dos Mártires de Galicia, conmemoración á que máis tarde se sumaron os demáis grupos nacionalistas.

A anulación do inxusto xuizo que o condeou non é promovida polo Partido Galeguista como un xeito de vinganza hoxe xa imposible, senón como unha actuación de normalización democrática que volve colocar a imaxe de Alexandre Bóveda onde lle corresponde, ca honra que tan ben describeu Castelao no seu discurso “Alba de Groria” e no seu debuxo “A derradeira lección do mestre”. A lexítima restitución da figura de Alexandre Bóveda debe ser un obxetivo non só do Partido Galeguista, senón de toda a sociedade galega, que, se hoxe dispón de autogoberno, é grazas ao labor de Bóveda e dos seus compañeiros. Esta restitución tampouco pretende quedarse no pasado, senón debe ser un alicerce que estimule a actualización do noso Estatuto de Autonomía, pendente da necesaria reforma baixo o criterio do consenso e a vontade de facer país por parte de tódolos galegos de tódalas ideoloxías.

Xunto con Bóveda, cómpre restituir a memoria de tantos galeguistas a quenes lles quitaron a vida por defender o recoñecemento político da nosa identidade nacional galega, algo tan obvio prá sociedade galega actual, pero que non se consigueu sen pagar un prezo; pra chegar onde estamos, todos demos algo, pero algúns dérono todo: a súa vida. Recoñecelo non só os dignifica a eles e ás súas familias; dignifícanos a todos como país.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal