Documento sin título

 
Google

 

 

Unha vez máis, ante unha máis que próxima convocatoria eleitoral no noso país, os nosos gobernantes preocúpanse máis de solucionar os seus problemas de partido, que da atención e dedicación aos seus cidadáns, só que nesta ocasión fano descaradamente ante unha crise xa recoñecida por todos e que empeza a afectar profundamente aos sectores máis desfavorecidos, como son as PEMEs e as microempresas que cada vez perden máis fol á hora da creación de emprego e autoemprego. Todos os datos apuntan a un empeoramento da nosa economía en canto se pechen os datos económicos do ano en curso.

No ámbito do turismo decaeu máis dun 7 % con respecto a rexistros anteriores, e así no-lo indican asociacións que agrupan a este sector. O sector primario está a atravesar un dos peores momentos da última década, producíndose un avellamento da poboación, sin que exista continuidade laboral e propiciando así a emigración dos galegos a outros lugares do estado español.

A pesca do noso país viviu conflitos como os que xa non se recordaban, acabando asi con parte da flota pesqueira artesanal galega. E do sector da construcción, a burbulla inmobiliaria non foi intuída polos nosos gobernantes, até chegar á situación actual de perda masiva de emprego e as xa demostradas e insalvables consecuencias negativas que este sector lle produciu ás pequenas e medianas empresas subcontratadas. Neste sentido, e debido á falta de control do goberno sobre as grandes empresas e os proxectos de pouca  viabilidade, deron como tristre resultado final a demanda por parte destas de acollerse á lei concursal.

É obvio que os representantes da Xunta de Galicia son os encargados de velar polos intereses económicos dos galegos e galegas; prometéronnos grandes investimentos no noso país, investimentos que que non chegan, aínda cando o goberno central o rexe o mal chamado ¿goberno amigo?.

Os galegos seguimos a representar moi pouco dentro da economía de España, necesitamos mellorar sen paliativos as comunicacións, crear chan industrial público de calidade a prezos competitivos, abordar proxectos de viabilidade que pola súa magnitude rexeitan outros axentes, tendo en conta e sen perder de vista que o noso territorio é disperso e con abundantes núcleos rurais que permiten xerar unha economía baseada na agricultura, gandeiría, turismo etc.

As expectativas da campaña preeleitoral en Galicia son segundo lemos na prensa diaria a competencia do Partido Socialista por demostarle ao Partido Popular que volverá revalidar a presidencia da Xunta de Galicia e aparece tamén como única alternativa o BNG para seguir mantendo un goberno no poder que xa demostrou non resolver as carencias económicas dos cidadáns máis desfavorecidos. 

Existe tamén un galeguismo agrupado en torno ao Partido Galeguista que senten e viven diariamente os problemas do noso país e que manteñen a esperanza de que na próxima convocatoria eleitoral, os galegos e as galegas saiban dicir ben alto que para que un país creza con forza, debe estar representado por todo o sentir dos seus veciños.

O Partido Galeguista será, no parlamento galego, a peza da balanza necesaria para equilibrar un país que actualmente necesita pór todos os esforzos en sacar aos galegos e galegas desta situación económica desfavorable.


O 17 de agosto de 1986 o Partido Galeguista restaurou a lembranza dos que morreron por Galicia sinalando esa data, cabodano do fusilamento de Alexandre Bóveda, como Día dos Mártires Galegos. Posteriormente outras formacións nacionalistas se sumaron a esta celebración.

É certo que Alexandre Bóveda e os demais galeguistas asasinados pola súa fidelidade á terra, pertencen á Historia de Galicia e a súa entrega forma parte do patrimonio de toda a nación galega, pero é igoalmente certo que todos eles viviron no Partido Galeguista e morreron no Partido Galeguista; o noso partido hónrase en contalos no número de quenes se definiron coma membros da nosa organización. Sen dúbida hoxe hai en todo o abano ideolóxico galego moitos que se senten galeguistas, pero hoxe a única militancia política galeguista é a que se produce nas filas do Partido Galeguista.

A entrega até a fin dos irmáns mortos pola nación enche de transcendencia a nosa militancia política; o noso compromiso ca terra non pode, xa que logo, ser conxuntural, senón debe chegar até a fin, con toda xenerosidade e apertura a tódolos sectores e forzas do país, pero sen concesión algunha ó oportunismo, con plena disposición ó sacrificio, tendo diante a suprema entrega de quenes nos precederon, e, pola mesma razón, ca plena convición de quenes non descansaremos até ver a nosa nación redimida, soberana e dona dos seus propios camiños.

Neste 17 de agosto, ás 11 h. da mañá, no cemiterio de S. Mauro de Pontevedra, o Partido Galeguista realiza un acto commemorativo.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal