Documento sin título

 
Google

 

 

Galicia é unha potencia pesqueira europea; a esta situación non chegamos só por ser un país deitado frente ó mar, como dicía Celso Emilio, senón grazas ó esforzo e profesionalidade dos nosos mariñeiros e armadores. Non tén sido doado manterse nesa posición: dende a decraración de escrusividade das duascentas millas até hoxe, pola nosa cuberta teñen pasado tódalas ondas dende a guerra do fletán á piratería, pasando polas importacións de pescado non controladas. Agora a nosa pesca sofre a suba imparable do prezo do petróleo, que supón o 60% dos seus insumos (gastos de materia prima necesarios pra realizar unha actividade).

Os mariñeiros protestan porque se ven afogados e o ministro Sr. Solbes respóstalles que non se poden reducir os impostos do combustible, que non arranxaría a medio prazo o problema porque aumentaría a tensión de demanda, o que facería subir outravolta o prezo.

Imos ver: boa parte do prezo do gasoil corresponde a impostos indireitos, esto é, cóbrannolos a todos independentemente do noso nivel de ingresos, pero especialmente a quenes consumen máis produto –neste caso, combustible–. A argumentación do Sr. Solbes é impecable, pero a misión dun ministro de economía non é só saber moito de economía, senón saber moito máis dos seus concidadáns e das súas necesidades; unha principal función da política é sinalar prioridades, e néstas deben rexir non só criterios de macroeconomía, senón tamén os que ponderen outras compoñentes humanas.

Dende estes criterios, entenderemos primeiro que todos nos vemos afectados pola suba do petróleo, pero moi sinaladamante a xente do mar e tamén os transportistas e os labregos, polo que manter a mesma cárrega impositiva no gasoil pra todos supón discriminalos negativamente. Ademáis, pode ter sentido limitar a “tensión de demanda” na poboación xeral, “convencernos” con prezos outos de que consumamos menos combustible (algo parecido á política de suba de impostos do tabaco), pero se nós podemos prescindir dalgunha viaxe ou usar máis o transporte público ou pecha-la auga quente, os mariñeiros non consumen petróleo por gosto nen é un luxo do que poidan prescindir: a súa tensión de demanda non é modificable, a non ser que os mandemos amarrar no paro.

A situación require unha discriminación positiva dos máis afectados pola suba do petróleo, de quenes nó-no consumen por gosto, senón por necesidade. Hai que rebaixar específicamente a cárrega impositiva –máis aínda da actual– do gasoil utilizado na pesca, no transporte e na agricultura. Sen dúbida alguén terá que pagar ese desconto –todos nós–, pero unha visión equilibrada e progresista da política impositiva así o esixe.

Pero como país, os galegos temos tamén que reparar noutra cousa: non é bo depender tan perigosamente de decisións que se toman lonxe de nós; o “monocultivo” da pesca fainos moi vulnerables, como ben deprenderon os nosos cidadáns da terra de Ferrol que tanto dependían do “monocultivo” dos asteleiros. Hai que manter o elevado nivel da nosa pesca, pero hai que preparar pra os nosos fillos outras posibilidades de emprego, empezando pola acuicultura e seguindo por unha diversificación do abano de actividades que oferezan outros medios de desenrolo á nosa xente da costa. Reparemos, senón, nas razóns polas que a área de Vigo afrontou mellor no seu día a reconversión industrial, cá área de Ferrol.


Este ano o Día das Letras Galegas adícase ao noso compañeiro de partido Xosé Mª Alvarez Blázquez. Os galeguistas que tivemos a honra de coñecelo lembramos o seu xeito, a súa talla persoal, eso que os cataláns tan ben saben definir como “seny”. Non precisaba sacar do peto o seu egrexio curriculum; tampouco percisaba asoballarnos con reclamacións do que fora e dos méritos que fixera. Non percisaba nada desto: chegaba e a súa autoridade moral impoñiasenos de seu, solermiñamente, ca súa sinxela presenza. Nunca lle vimos reclamar nada pra si, pero a súa militancia no Partido Galeguista era unha honra pra todos nós e o seu nome na lista do partido nunhas elecións era un plus de calidade persoal.

Estivo sempre do lado dos que sofren a historia e pagou moi caro xa dende o inicio co fusilamento do seu pai. Do seu labor feito con escelencia e amor a Galicia na arqueoloxía, na literatura e no traballo editorial xa se veñen ocupando tódolos medios nestas datas, pero queremos salientar eiquí que boa parte da súa vida traballou contra-corrente, loitando contra toda a mediocridade esterilizante daquela época moura do franquismo, ca súa esperanza afincada na “estrela que brila ao lonxe” da que falara Cabanillas.

Hoxe os galeguistas queremos seguir o seu exemplo, loitando pola escelencia en contra da mediocridade, seguros na esperanza, irredentos na convición de que a nosa loita paga a pena porque non loitamos por ouxetivos particulares cativos e persoalistas, senón polas metas que necesariamente tén que alcanzar a nación galega.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal