Documento sin título

 
Google

 

 

O xornal lucense “El Progreso” publica esta fotografía que, polos 24 anos transcurridos, forma parte da historia viva do Partido Galeguista.

A xuntanza á que fai referencia foi unha das moitas coas que o P.G. asegurou a súa histórica expresión vital como formación política diferenciada, dona do seu destiño ainda que aberta a incoporacións que sumando multipliquen a capacidade operativa e de interacción coa cidadanía da Galiza. No oitenta e catro xuntabamonos a carón do lume Galeguista de  D. Ramón Martínez López e Manuel Beiras, varias xeracións comprometidas coa Identidade Galega que puxeron o seu grao de area na construcción do que o VIII Congreso do P.G. definiu como Galeguismo do século XXI  e que acadou a sua expresión máis relevante no texto da proposta do III Estatuto da Galicia que, en si mesmo, constitúe o documento político mais completo da xa longa historia do P.G.

Sen aquel núcleo que resistiu e impediu a disolución do P.G. en Coalición Galega, entre o que figuraban unha xeración Galeguista moi xoven (Manuel Suárez, hoxe Presidente do P.G., contaba con apenas 28 anos, Xabier González tiña 26 anos ou Chesqui que contaba con 25), o P.G. de hoxe non existiría. Toda unha lección histórica que, case un cuarto de século despois, ten plena vixencia e marca de xeito inequívoco o camiño político do P.G.


Na Coruña, os traballadores de Fadesa están preocupados –e con eles, todos nós– porque prevén a redución da nómina de traballadores ata quedarse só en 50, o que supón na práctica o esfrangullamento da presencia da empresa na cidade galega; esto tén repercusións graves tamén nas empresas fornecedoras da zona.

É un feito xa visto antes, repetido noutras empresas que se orixinan en Galicia e acaban deslocalizándose e trasladando a súa sé fóra. A diferencia desta deslocalización que vimos sufrindo en Galicia é que non resposta a razóns de custes salariais, senón a criterios empresariais ou políticos. Por eso as forzas políticas galegas temos algo que dicir, por eso nó-nos podemos conformar con esplicar que é inevitable porque así é a lei do mercado, porque neste caso e noutros semellantes todos temos responsabilidades: o goberno galego, os partidos políticos, as entidades financeiras galegas e o empresariado galego.

O goberno galego tén que asumir outra disposición, deixar a inercia da vella esquerda que considera por principio adversarios ao grande capital e ás grandes empresas, e pasar a considerar como propio e defendible todo o que teña as súas raigañas en Galicia, asumindo unha actitude nacionalista que poña ao país galego por riba de calisquer tendencia ideolóxica sectaria.

O Partido Galeguista defende sempre os intereses de tódalas empresas afincadas en Galicia e promoverá as condicións que faciliten a súa permanencia na nosa terra e buscará a harmonización dos lexítimos intereses empresariais cos intereses xerais de Galicia.

Como partido democrático, non promovemos a nacionalización da banca, pero sí que reclamamos que as entidades financeiras galegas, especialmente as que teñen obriga legal e moral de mirar polos intereses sociais do noso país –sinaladamente as Caixas–, non se manteñan alleas ao desvencellamento do país de entidades como Fadesa, senón comprometan as súas capacidades na defensa do afincamento desas empresas en Galicia.

O empresariado galego debe lembrar que a súa actividade e o seu beneficio debe repercutir no país no que naceu; queremos un empresariado galego e galeguista, asentado no país, non nómade, conscente de que os seus intereses son os intereses da terra, mesmo disposto a pagar un prezo por non fuxir do país. Pero ese empresariado debe sentirse arroupado, defendido, promocionado, integrado. A Xunta, os partidos políticos, as entidades financeiras, a poboación xeral, todos nós debemos traballar nun terreo común no que encontremos ouxetivos compartidos que acadar; manter as empresas en Galicia é un deses ouxetivos.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal