Documento sin título

 
Google

 

 

Era a tardiña do 14 de abril do 1931; catro homes, Maura, Largo Caballero, Alcalá Zamora e Azaña, só catro homes sen máis armas ca os proxeutos e os ideais chegan ao Pazo de Comunicacións no centro de Madrid; contémplanos milleiros de persoas. Ábrense paso cara á entrada e alí un oficial da garda civil agarda firme chantado á porta. Azaña pensa que os van ametrallar. Prodúcese unha situación moi tensa e Maura berra: “¡paso ao goberno da República!”. O garda civil dubida e finalmente cádrase. Así proclamouse a República nun 14 de abril inesquecible no que a razón pudo sobre as armas e abreu paso á liberdade, e con ela chegou a oportunidade pra que Galicia asumise o seu autogoberno nunha campaña liderada cinco anos despois polo Partido Galeguista.

Era outra tardiña no vran do 1936. Asegún pasaban os días, os sublevados facianse co control dos órgaos de poder en Galicia sen moita dificultade; Castelao queixabase amargamente de que a República non tivese aceptado antes a autonomía de Galicia, porque un goberno autónomo galego tería máis ferramentas pra enfrontarse ao golpe, como fixeron os gobernos vasco e catalán. A República caía en Galicia e as cunetas empezaban a encherse de cadavres. No Goberno Civil de Pontevedra, enseña local do goberno español, os altos cargos fuxían pola súa vida, cando un home saeu de adentro e berroulles: “Vós fuxides, en vez de defender á vosa República Española, pero aquí se queda dentro un galeguista”. Pouco despois, o 17 de agosto, pagaría o xesto ca súa vida: era Alexandre Bóveda.

O Partido Galeguista foi fidel á República e a República non sempre pagou ca mesma xenerosidade, pero é evidente que aqueles anos republicanos permitíronnos asentar políticamente o que era unha realidade secular previa: a identidade nacional galega. A aprobación do noso I Estatuto na República foi o antecedente fundamental que máis tarde permitiría ao noso país ser recoñecido pola constitución do 78 como nacionalidade histórica. Os galeguistas debémoslle moito á República; Galicia tamén.


A renovación do goberno español amosa cambios moi pouco significativos, e algúns son claramente prá galería. En fin, os galegos seguiremos vendo no goberno á ministra Dª Magdalena, que pra algo lle sirveu o valioso apoio do Bloque no seu día. É comprensible que o presidente do goberno español non deseñe a súa alineación mirando prás enquisas, pero tampouco se lle escapa ó Sr. Zapatero que a continuidade dalgúns/has ministros/as supón unha provocación. Entramentres, é de cortesía concederlles os cen días de constume e agardar que o novo goberno sexa máis sensible ca o anterior ós dereitos e necesidades de Galicia.

Polo pronto, o Sr. Solbes di que nos vai facer máis levadeira a crise –esa mesma crise que el negaba na campaña eletoral– regalándonos un aguinaldo de 400 euros. Claro que eiquí hai dous equívocos: o primeiro é que o Sr. Ministro non saca eses cartos do seu peto, non é un galano polo que lle teñamos que bica-lo anel; eses cartos son de todos nós. En segundo lugar, se eses 400 euros saen dun superavit anterior, concluimos que antes nos retiveron a cada ún máis cartos dos que deberían; ¿por qué nos recolleron onte máis euros do necesario pra logo dicir hoxe que no-los regalan? A cousa é máis seria se lembramos que eses benditos 400 euros foron presentados como gancho eletoral na campaña do partido do goberno. Semella unha obviedade, pero hai que lembrar que non é función do goberno regalarnos nada, senón administrar o que é de todos; pois que administren con xustiza o que nos toca a Galicia.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal