
O Partido Galeguista apoiou e participou na manifestación en defensa dos dereitos políticos, administrativos e civís, do Galego; compartindo presenza con Coalición Galega, baixo os lemas común: “Non renuncies a nada, o Galego danos + Identidade” e “Sempre por Galicia, Sempre en Galego”.
A Identidade Galega, expresión internacional da nación Galega, acada a súa mais ampla, lexítima e histórica expresión a través do idioma Galego. Hoxe, en Santiago, como fai perto de cen anos fixeron as Irmandades da Fala por toda Galiza, milleiros de Galeg@s erguemo-la voce en nome do pobo Galego, reclamando o dereito a que o noso idioma teña recoñecemento e presenza xa non só a nivel nacional senón, en réxime de igualdade con outras linguas, nas instancias estatais, europeas e internacionais; nunha mensaxe común, sociocultural e multipartidaria, á que a Xunta de Galicia non pode facer ouvidos xordos porque son, en primeirísimo lugar, as Institucións galegas, en representación dos cidadáns, as que teñen que asumir inqeuívocamente a defensa doo idioma Galego e dos dereitos lingüísticos que, como Galeg@s, temos.
Os Galeguistas respetamos o espírito de que calquera lingua ou idioma ten que ser unha ferramenta efectiva que facilite a comunicación social e non provoque situacións de incomunicación; agora ben, na Galicia o idioma oficial non pode ser outro que o Galego, iso non implica que atendendo a realidades históricas de convivencia secular, o idioma Castelán teña rango de lingua cooficial.
“Non renuncies a nada, o Galego danos + Identidade”
“Sempre por Galicia, Sempre en Galego”