Documento sin título

 
Google

 

 

Hoxe Monforte é por dereito propio  a capital do Galeguismo, revivindo as históricas xornadas da IV Asemblea Nacionalista de Galicia, de Febreiro do 1.922, celebrada na antiga Casa do Concello de Monforte, que reuniron a maior parte dos dirixentes históricos do Galeguismo. Daquela, o obxectivo principal dos Castelao, Risco, Otero Pedraio, Losada Diéguez, irmáns Vilar Ponte, Blanco Torres ou do poeta Manoel Antonio, xunto con outros moitos afiliados das Irmandades da Fala de toda Galiza, foi o de articular a organización definitiva do que debería ser o primeiro partido nacionalista galego: a Irmandade Nacionalista Galega, unha das formacións precursoras do Partido Galeguista que se fundaría  anos despois.

Nos prazos que fixou no 2004 o VIII Congreso, os Galeguistas celebramos hoxe o noso IX Congreso coa seguridade de que en Monforte, do mesmo xeito que devanceiros nosos os viviron fai oitenta e seis anos, estaremos a vivir unha data clave que marcará un punto de inflexión histórico na construción desa alternativa Galeguista con capacidade real de goberno na Galiza, que xa anunciamos no Congreso de Pontevedra e pola que vimos traballando o longo destes tres anos.

O mandado que recibiu a Comisión Organizadora da Dirección do P.G. era construír un proceso pre-congresual transparente, participativo e no que as bases tiveran unha ampla representación; cometido que cumpriu a perfección e que ten servido para que este IX Congreso esté en condicións de actualiza-la mensaxe, adapta-la praxe política e renova-la composición dos órganos de dirección do partido. 

A vontade de todos nós é saír deste IX Congreso cun proxecto político o servizo da Galicia, inequivocamente ideado e escrito en Galego e para os Galegos e Galegas; baixo fórmulas organizativas que acentúen aspectos tan importantes como o da soberanía de decidir que reside nos militantes de base e que a dirección partidaria ou calquera cargo electo son servidores convencidos delas e do pobo Galego.  

O IX Congreso Galeguista ten a oportunidade histórica de vertebrar definitivamente ó Galeguismo, de preparalo para interactuar coa sociedade dun xeito realmente efectivo, de consagrar un xeito leal de facer traballo político desde o respecto as opinións individuais cando estas son capaces de integrarse na vontade colectiva dese proxecto Galeguista común que, sen ningún xénero de dúbidas, atopa a súa verdadeira fortaleza na diversidade interpretada en clave de lealdade política.

EXECUTIVA NACIONAL (saínte)

PRESIDENTE: D. Xabier González Sotelo

VICEPRESIDENTES: D. Xesús Manuel Suárez García y Manuel Elías Pérez Álvarez

SECRETARIO XERAL: D. Manoel Soto Ferreiro

VICESECRETARIO XERAL DE ORGANIZACIÓN: D. Xosé Fernández Cid

SECRETARÍA DE COMUNICACIÓN: D. Miguel Ángel Rodríguez Aneiros

SECRETARÍA DE POLÍTICA TURÍSTICA: D. Xesús Martínez López

SECRETARÍA DE DEREITOS CIDADÁNS: D. Xaime Da Pena Ceide

SECRETARÍA DE ESTUDOS E PROGRAMAS: D. Fernando Pérez Suárez

SECRETARÍA DE ACTIVIDADES ELECTORAIS: D. Alexandre Bastos Fernández

SECRETARÍA DE POLÍTICA DA SANIDADE: D. Sixto Sánchez Otero

SECRETARÍA DE POLÍTICAS DEPORTIVAS: D. José Alfredo Bea García

SECRETARÍA DE POLÍTICAS MEDIOAMBIENTAIS: Francisco Pérez

SECRETARÍA DE PYMES E AUTÓNOMOS: D. Antonio Deza Alves

SECRETARÍA DE ASUNTOS MUNICIPAIS: D. Antonio Varela Álvarez

SECRETARIA XURÍDICA: Dª. Celia María Pérez Conde e D. Francisco Toledano

SECRETARÍA DE POLÍTICAS DA MOCIDADE: Dª Vanesa Prieto Giráldez

SECRETARÍA DE COOPERACIÓN: Dª Maite Isla Avión

SECRETARÍA DE FINANZAS: D. Luis Bóveda Canal

SECRETARÍA DA POLÍTICA EN INFRAESTRUCTURAS: Manuel Delafuente Álvarez

SECRETARÍA DAS MOCIDADES GALEGUISTAS. Jon Francisco González Pérez

AXUNTO A VICESECRETARIA XERAL DE ORGANIZACIÓN: D. Ramón López Díaz

Subliñar que da Executiva Nacional que dirixiu ó P.G. desde o VIII Congreso, comunicaron xa fai meses a decisión de non presentarse a reelección Xabier González (Presidente do P.G.), Elías Pérez (Vicepresidente do P.G.), Xosé Fernández Cid (Vicesecretario Xeral de Organización), D. Miguel Rodríguez Aneiros (Secretaría de Comunicación), Dª Celia María Pérez Conde e D. Francisco Toledano (responsábeis da Secretaría Xurídica), D. Fernando Pérez Suárez (Secretaría de Estudos e Programas), D. Manuel Delafuente (Secretaría da Política de Infraestruturas), e Dª Maite Isla (Secretaría de Cooperación)


“Onte, hoxe e mañá: Nós” é o lema que presidirá o IX Congreso dos Galeguistas do vindeiro 26 de Xaneiro.

Entre outros moitos, o concepto de Galicia como célula de Universalidade, da Identidade Galega como expresión social internacional, do idioma como seña nacional irrenunciable, dos case dous séculos de vixencia do Galeguismo, dos 76 anos de permanencia política do Partido Galeguista como ferramenta anovadora e transformadora da sociedade e da política Galega, expresados nun onte inseparable do hoxe e do mañá que transcende no tempo e na historia baixo un NÓS identitario,  integrador e non excluínte, que representa a tódalas xeracións Galeguistas.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal