Documento sin título

 
Google

 

 

A Executiva Nacional ratificou a proposta unánime da Permanente e Plenario da Comisión Organizadora de que Monforte de Lemos sexa a sede do IX Congreso do P.G.

Na xornada de traballo celebrada hoxe sábado en Lalín, houbo coincidencia absoluta na designación, que foi apoiada incluso polos promotores das outras dúas opcións que se barallaban como sedes para o IX Congreso; valorándose de xeito especial a condición de Monforte como vila emblemática da Galiza interior e a gran proposta organizativa presentada pola Xunta Local do P.G.

Oitenta e seis anos despois, o 26 de Xaneiro do 2008, Monforte voltará a ser a capital do Galeguismo, revivindo as históricas xornadas da IV Asemblea Nacionalista de Galicia, de Febreiro do 1.922, celebrada na antiga Casa do Concello de Monforte, que reuniron a maior parte dos dirixentes históricos do Galeguismo. Daquela, o obxectivo principal dos Castelao, Risco, Otero Pedraio, Losada Diéguez, irmáns Vilar Ponte, Blanco Torres ou do poeta Manoel Antonio, xunto con outros moitos afiliados das Irmandades da Fala de toda Galiza, foi o de articular a organización definitiva do que debería ser o primeiro partido nacionalista galego: a Irmandade Nacionalista Galega, unha das formacións precursoras do Partido Galeguista que se fundaría  anos despois.


 

A Executiva Nacional do P.G., na súa xuntanza do mércores vinteséis de Decembro, recibiu o informe do Presidente da Comisión Organizadora IX Congreso e resolveu distintos asuntos de trámite e organizativos.

Entre os organizativos está o peche da revisión e actualización do censo de afiliados do P.G., que terán voz e voto no IX Congreso, e dos simpatizantes. A Vicesecretaria Xeral de Organización está a revisa-los datos enviados e a ultima-la listas do censo para trasladarllas as distintas Xuntas Locais para que éstas procedan a súa revisión e a  presenta-las alegacións pertinentes. Tamén se acordou establecer un baremo, a efectos internos da Executiva Nacional, para a decidi-la sede do IX Congreso Galeguista entre as tres que propoña a Permanente e o Plenario da Comisión Organizadora. 

Entres os asuntos de mero trámite, está a decisión, xa comunicada por burofax ás partes afectadas, de procede-la inmediata e total desvinculación do Partido Galeguista co Concelleiro independente, electo pola candidatura presentada polo P.G. no Concello de Oroso, D. Manuel Siverio Mirás Liñares. Da decisión adoptada, que contou co respaldo de tódolos asistentes agás un –que solicitaba un aprazamento da decisión-, a dirección do P.G. non fará ningún tipo de consideración pública e limitaráse a informar no IX Congreso da motivación que a levou a adoptar esa decisión. Os informes valorados pola executiva conclúen en que se fai inexcusable separalo, a tódolos efectos legais e regulamentarios, do compromiso que tiña co Partido Galeguista e que viña derivado da súa inclusión como independente nunha candidatura das presentadas polo P.G. nas pasadas Eleccións Municipais.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal