
A Executiva Nacional do P.G. ratificou tódolos acordos adoptados polo Plenario e a Permanente da Comisión Organizadora, entre os que figura ó 26 de Xaneiro como data de celebración do IX Congreso do P.G.
A xuntanza da Executiva Nacional estivo precedida por outras da Permanente e do Plenario da Comisión Organizadora do IX Congreso, que se celebraron ma mañá do sábado.
No calendario pre-congresual está previstas varias xuntanzas do Plenario, a Permanente e a Executiva Nacional para este mes de Decembro e Xaneiro. A próxima terá lugar na Coruña, o 15 de Decembro, data na que se presentará a Executiva da Xunta Local do P.G. na cidade coruñesa.
Por outra parte, o 26 de Decembro é a data límite para a entrega á Permanente dos borradores de Ponencias, que está previsto sexan remitidas por correo electrónico as Xuntas Locais e afiliados que as soliciten entre o 29 e 31 de Decembro.