
Na súa xuntanza do 17 de Novembro, en Ourense, a Permanente da ComisiónOrganizadora aprobou por unanimidade propor o 26 de Xaneiro do 2008 como data de celebración do IX Congreso do P.G.
Asimesmo e tamén por unanimidade, a Permanente aprobou o seu regulamento interno, a proposta de regulamento dos Plenarios da Comisión Organizadora, un calendario do proceso pre-congresual e tamén a convocatoria do Plenario da Comisión para o día 1 de Decembro.
Manuel Suárez, Presidente da Comisión Organizadora, subliñou a especial importancia de que a Comisión Organizadora do IX Congreso do P.G., como instancia consultiva e de apoio nas tarefas de organización do IX Congreso do P.G., asuma o espírito e a vocación expresada pola Executiva Nacional do P.G. de garantir a rigorosa transparencia e a participación democrática da militancia Galeguista no período pre-congresual e no propio IX Congreso Galeguista que, tanto no fondo como nas formas, forman parte de procesos normais de renovación e actualización da Dirección Executiva e da praxe e mensaxe política que, de xeito conxunto e inseparable, garanten a propia pervivencia do Galeguismo como alternativa política diferenciada.
“Un Congreso é a meirande expresión da voz e do voto dos militantes Galeguistas, un acto normal e sereno de renovación da teoría, da praxe e dos propios órganos de Dirección do P.G., pero tamén de continuidade e permanencia do Galeguismo como alternativa diferenciada cara o futuro. Como Comisión Organizadora temos como obxectivo cumpli-lo mandato da Executiva Nacional e facer do IX Congreso un exemplo interior e exterior de transparencia, democracia e participación”.


