Documento sin título

 
Google

 

 

“O Galeguismo tradicionalmente, por unha beira, ten unha dependencia excesiva da iconografía e, pola outra, padece as interpretacións de advenedizos e fósiles que se presentan como autoridades na materia e non pasarían un exame de acceso ó parvulario”.

“Moito antes de que se tiveran convocado as Municipais nós xa tíñamos elaborada unha axenda para o 2007 que, ademais da precampaña e campaña electoral do mes de maio, tiña subliñada unha tarefa moi concreta para a Executiva Nacional do mes de xuño: enceta-los traballos de preparación do IX Congreso dos Galeguistas”

“A alternativa política do Galeguismo ten que equilibrar, social e economicamente, o mundo urbán co mundo rural”

“Recoñézolle un mérito especial aquelas candidaturas que, aínda contando con menos medios, foron capaces de transmitir unha mensaxe perdurable e xenuína de Galeguismo, amosando que, por riba dos cartos, o que importa é ese proxecto que nos xungue baixo unha idea común de Galicia que, aínda que lle da acougo xenerosamente a outras aportacións, pensase, escrébese e falase, inequivocamente en Galego.”

“A ausencia do P.G. na Corporación de Vigo é un castigo excesivo para a cidade porque, dito con toda claridade, aprazouse ata o 2011 a oportunidade de incorporar ó partido de tenis entre o PP e o bipartito social-nacionalista o imprescindible arbitraxe do PG. Claro está que as tres forzas presentes hoxendía na Corporación viguesa prefiren esta situación, así poden adicarse a xogar cara a galería, repartindo voleas e reveses a unha ou dúas mans, en vez de esforzarse para ofrecer un futuro real o inestable presente da cidade de Vigo”

“As características especiais dos procesos electorais das Municipais activan interpretacións que poden considerarse localistas, pero ese aspecto é anecdótico. A alternativa Galeguista, non me cansarei de dicilo, é precisa nos termos e extraordinariamente concreta nos posicionamentos; en termos políticos, temos un concepto nacional do noso Pais representado por unha idea da Galicia pensada, escrita e falada, en Galego e para que os Galegos e Galegas síntanse representados axeitadamente a nivel estatal e internacional; en termos económicos, un proxecto de centro que aposta claramente polos autónomos, as PYMES e por ese sector empresarial Galego que, na Galicia ou en moitos países do mundo, foi quen de crear empresas con proxección internacional; todo elo conxugado cun activismo progresista no apartado social, coa práctica real da política de proximidade ós cidadáns e coa irrenunciable defensa dos dereitos da cidadanía. Quen concorde con esas liñas programáticas terá ocasión abondo para amosar, con traballo e eficacia, a súa implicación; iso si, nin fomos nunca, nin somos nin seremos unha federación galega de localismos autónomos. Hai espazo para traballar e incorporar ideas, e vontade para escoitalas; o que non hai é posibilidade algunha de revisar aspectos tan esenciais como as reivindicacións dun autogoberno galego recoñecido a nivel europeo e internacional ou dos dereitos do idioma Galego e da cultura milenaria que temos”

“Pensando no presente e tamén no futuro, persoalmente nunca participarei ou subscribirei nin retrocesos conceptuais nin a implantación de fórmulas descafeinadas para estabilizar implicacións ou particularidades locais. O concepto político, na teoría e na praxe, que recolle a idea Galeguista da globalidade identitaria Galega non é algo errático senón que constitúe unha alternativa definida, concisa e estable; ¿quere elo dicir que non é negociable?, pois si, no Galeguismo ou se está con tódalas consecuencias ou non se está, non vexo necesidade algunha de criar espazos de ambigüidade que, aínda que serían cómodos para casos moi puntuais, prexudicarían claramente ó proxecto colectivo.

“O noveno será un Congreso histórico pola súa transcendencia, o que ratifique esa transición da sombra á luz que se ten dado nestes tres últimos anos; este IX Congreso, dun xeito semellante ó que aconteceu no V Congreso celebrado no ano 1985,  atopará sentido na medida en que sexa capaz de escenificar ese relevo xeracional e esa actualización conceptual da teoría e da praxe polo que a dirección do PG leva apostando”

“Nunca deixei de considerarme un militante de base e a Executiva Nacional sabe, desde fai meses, da miña vontade de regresar canto antes a ese status que, dito sexa de paso, eu considero moito mais importante que o de ser Presidente”.

Unha alternativa política aséntase sempre na capacidade de liderazgo e interacción que teñan a militancia de base no seu entorno, os cargos de dirección ou executivos son meras ferramentas de expresión social ó servizo do colectivo que conforman os militantes; anóxame de xeito extraordinario estes conceptos, tan fashion e tan mediatizados, da partidocracia de formacións como PSOE, PP ou BNG, que tentan hipnotizar a sociedade clonando a imaxe bíblica do bó pastor e, nunha lectura inversa, tratando de borregos tanto ós seus militantes como ó resto da cidadanía”

“A xeración Galeguista dos anos trinta deseñou un PG sen Presidencia nin Secretaría Xeral, apostando por un aparato partidario no que primaba o equipo e a capacidade de avaliar o momento exacto no que alguén tiña que desempeñar o rol de primun inter pares. Dito de outro modo, o concepto do Pontífex Máximus, coa súa infalibilidade e demais etcéteras, non me parece que teña vixencia no século XXI; quen ten verdadeira capacidade de liderazgo debe ter tamén disposición e capacidade efectiva para traballar en equipo e incluso desde o anonimato, humildade para escoitar e a autoridade moral que nace sempre da actitude de servizo ós demais; se non é así, o líder pasa a ser un caudillo que moi posiblemente morra cheo de razón e escaso de felicidade política e calidade de vida”.


Aínda que non son os que agardábamos, os resultados obtidos polo P.G. nestas Municipais do 2007 constatan o avance e consolidan a alternativa dos Galeguistas no mapa político de Galicia.

En síntese, o resumo dos resultados obtidos polo P.G. é o seguinte:

- Acadamos 20.000 votos en Galicia, cifra que triplica os mellores resultados obtidos polo P.G. nunhas Municipais nos 76 anos de existencia do partido.

- Por número de votos, no global dos 33 Concellos nos que presentamos candidatura, somos a 4ª forza política de Galicia.

- Duplicamos o número de Concelleiros que tiñamos no intre de celebración do VIII Congreso (Novembro 2004)

- Triplicamos o número de Concellos nos que tiñamos representación no intre de celebración do VIII Congreso (Novembro 2004).

- Pasamos a ter representación en 3 das 4 Provincias Galegas (no intre da celebración do VIII Congreso só tíñamos representación na de Pontevedra).

Ningunha outra forza política Galega pode presentar estes índices de crecemento e consolidación con respecto a situación anterior o 27 de Maio; en síntese, estas Municipais do 2007 foron un paso definitivo cara a recuperación do espazo Galeguista como opción definida, independente e esencial para a vertebración política deste País e de entornos próximos como o son a Unión Europea e España.

Para o futuro inmediato, o P.G. empeza a traballar no afortalamento da proposta Galeguista cara as Autonómicas; traballo político que, seguindo a folla de ruta deseñada, culminará na celebración do IX Congreso do P.G.  


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal