"Proposta Galeguista de III Estatuto de Galicia, 2006"
I.- A identidade Galega ten no idioma Galego a súa lexítima e histórica expresión lingüística. Xa que logo a lingua oficial do Reino de Galicia é o Galego.
II.- O pobo galego ten dereito a que o seu idioma teña recoñecemento e presenza, en réxime de igualdade con outras linguas, nas instancias estatais, europeas e internacionais. Es institucións galegas, en representación dos cidadáns, asumen a defensa deste dereito lingüístico.
III.-As institucións galegas garantirán o dereito a usar e o dereito e deber dos galegos de coñecer a lingua Galega, arbitrando as medidas e medios necesarios para asegurar o seu coñecemento.
IV.-Atendendo a realidades históricas de convivencia secular, o idioma Castelán ten o rango de lingua cooficial do Reino de Galicia.
V.- Os poderes públicos do Reino de Galicia potenciarán e promoverán o emprego do Galego en todos os planos da vida social, pública, cultural, económica, xudicial e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
VI.-Respetando o espírito de que calquera lingua ou idioma ten que ser unha ferramenta efectiva que facilite a comunicación social e non provoque situacións de incomunicación, os poderes públicos e as Institucións Galegas, tendo en conta a diversidade socio lingüística do Reino de Galicia, arbitrarán fórmulas e medidas integradoras para as persoas e/ou colectivos que non teñan o Galego como primeiro idioma, garantindo deste xeito que ninguén sexa discriminado por razón da lingua.