
O equipo xurídico do Partido Galeguista, coordinado pola letrada Lucía Vázquez López (Candidata Galeguista a Alcaldía de Monforte de Lemos), logrou o recoñecemento legal do dereito a concorrer diante do electorado de Abegondo nas Eleccións Municipais.
A sentenza do Contencioso nº3 de A Coruña, emitida hoxe 18 de Maio, ten a significación histórica de amosar á cidadanía que a Xustiza defende a limpeza dos procesos democráticos fronte o vandalismo político practicado pola dirección do Partido Popular, que é a única responsable desta campaña de desestabilización democrática materializada baixo a argucia legal de impugnacións de listas electorais.
Desde a dirección do P.P. impugnáronse o 20% das candidaturas Galeguistas presentadas na Galicia, nunha acción temeraria e sen precedentes de belixerancia política contra unha formación política, que tiña como único obxectivo eliminar desde os despachos a candidaturas Galeguistas. As sentenzas dos diferentes tribunais corrixiron esta actitude antidemocrática e TODAS AS CANDIDATURAS DO PARTIDO GALEGUISTA CONCORRIRÁN AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO PRÓXIMO 27 DE MAIO.