12 05 2007 :: Este domingo, os Galeguistas celebraremos en Ourense o acto central da campaña destas Municipais
O domingo día 13, no Auditorio de Ourense, as 18:30 horas, os Galeguistas xuntarémonos no acto central do Partido Galeguista nestas Eleccións Municipais, ó que asistirán, ademáis da representación das Candidaturas Galeguistas, unha delegación do partido portugués do P.N.D. encabezada polo seu Presidente, Manuel Monteiro.
As intervencións centráis do cato correrán a cargo do Presidente do P.G., Xabier González, o Secretario Xeral e candidato a Alcaldía de Vigo, Manoel Soto, a candidata a Alcaldía de Monforte de Lemos, Lucía Vázquez, e Antonio Troitiño na súa doble condición de candidato a Alcaldía de Ourense e anfitrión do acto.
05 05 2007 :: Ratificada a validez das candidaturas Galeguistas de BARBADÁS, SARRIA e MONFORTE, as teses xurídicas do P.G. impoñense de novo as manobras do Partido Popular
Os Xulgados do Contencioso Administrativo de Ourense e Lugo fallan a favor das teses doPartido Galeguista e contra as pretensión de anulación dascandidaturas Galeguistas de Barbadas (en Ourense) e Monforte e Sarria (en Lugo), impugnadas polo Partido Popular nunha manobra xurídica que pon en dúbida a ética democrática e o respecto ós procesos electorais dunha formación política que semella busca-la confrontación con todos aqueles que defenden ideas distintas as súas.
Desde o P.G., ó tempo que tomamos boa nota do acontecido, lamentamos profundamente este proceder do que non son responsables os militantes de base e simpatizantes do P.P. que, como a cidadanía en xeral e o propio clima de coexistencia política, están a sufrir a política suicida duns dirixentes resentidos que son incapaces de facer outra cousa que non sexa crear crispación e alterar a pacífica convivencia da inmensa maioría da sociedade.
Afortunadamente estamos nun estado de Dereito no que a Lei pon no sitio que lle corresponde estas manobras políticas interesadas que, empregando o subterfuxio dos alegado na defensa de dereitos de igualdade e paridade, tentan eliminar listas electorais que prexudican ós intereses dos dirixentes e candidatos do Partido Popular.
O P.G. entende estas impugnacións promovidas polo Partido Popular (somos o segundo partido político en número de candidaturas impugnadas en Galicia) como un acto de agresión directa e de vandalismo político ó que, como é a nosa costume, respostaremos ó seu debido tempo e dentro da mais escrupulosa observancia das normas de convivencia e da ética democrática.