Documento sin título

 
Google

 

 

O PARTIDO GALEGUISTA CONSIGUE EN SANXENXO UNHA SENTENCIA QUE SENTA UN DECISIVO PRECEDENTE XURÍDICO.

A SENTENCIA DESESTIMA E INVALIDA OS RECURSOS PRESENTADOS POLO PARTIDO POPULAR QUE PRETENDÍA, APROVEITÁNDOSE DE LAGOAS E MATICES LEGAIS Ó MAIS PURO ESTILO DE HERRI BATASUNA, ANULAR CANDIDATURAS INVOCANDO O  INCUMPLIMENTO 44-BIS DA LOREG E, DESTE XEITO, ALTERAR A NORMALIDADE DEMOCRÁTICA NAS VINDEIRAS ELECCIÓN MUNICIPAIS DO 2007.


As Mocidades Galeguistas arrouparemos ós candidatos do Partido Galeguista nas vindeiras eleccións municipais de Maio coa campaña “O que hai non mola, os Galeguistas sí”, que xa tivo a súa primeira expresión, fai unhas datas, en Sanxenxo.

Fronte a presenza testemuñal da mocidade nas candidaturas do PP, PSOE e BNG, os mozos e mozas Galeguistas temos un gran peso específico nestas eleccións, con varios dos nosos militantes encabezando candidaturas ou que, polo seu traballo e incidencia social, teñen sido elixidos para ocupar os primeiros postos. Non é casualidade, temos moito que aportar ó futuro ó Partido Galeguista; é tan importante a nosa presenza no movemento Galeguista que xa podemos falar dunha Xeración Galeguista do século XXI, continuadora da longa e gloriosa historia do P.G.

Comentar tamén que o lema da campaña será o lema principal da Candidatura do P.G. ó Concello de Barbadás, que encabeza o Secretario Xeral das Mocidades –Jon G. Pérez-.

Aqueles mozos ou mozas que estean interesados nunha camiseta da campaña, teñen que dirixir un e-mail a mocidades@partido-galeguista.org


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 Next >>

Content Management Powered by CuteNews

Documento sin título

.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.

 

- Copyright (c) 2004-09 Partido Galeguista -
contactar
buscador de contidos na sección
buscador contidos antes Decembro 2005
buscador contidos na sección de MOCIONS
buscador contidos na sección de CARTAFOL
INFÓRMATE
AFILÍATE

Webmail GALEGUISTA

webmail

www.partido-galeguista.org é un dominio cedido gratuitamente en usufruto polo seu propietario e titular legal