Documento sin título  
Documento sin título
.:: PG ::. O Grove

Onte estiven na colocación da primeira pedra da ampliación da chamada Vía Rápida do Salnés, e gustaríame comentar varias cuestións; Un pouco de historia Cando se falou de construír esta vía de comunicación chamada a ser un eixo vertebrador importante da comarca, por aquel entonces, os Independentes de O Grove xa diciamos que pronto se ía a colapsar, que unha vía con dous carrís pronto se vería insuficiente para absorber todo o tráfico que se prevía. O segundo vran despois da súa inauguración se confirmou. E foron moitos mais dende aquela. Cando se empezou a falar da necesidade da súa ampliación e así mellorar tanto a circulación como a seguridade vial da vía, se falaba e se dicía que esta ampliación remataría en Sanxenxo. As forzas políticas reivindicábamos a necesidade de rematar esta ampliación ata O Grove, pois xa estaban rematados os catro carrís de aceso a península e isto melloraría notablemente as entradas e saídas en épocas estivais. Todos –as forzas políticas locais- pediamos esta mellora na ampliación, con xestos airados algúns, con tonos moi altos outros..., e hoxe vemos como existe xente que se atopa muda. Declaracións da Conselleira E lamentable escoitar a Conselleira falando da pouca idoneidade ou necesidade de realizar a ampliación do proxecto ata o noso Concello. Quero entender que está mal informada e que non ten ningunha fobia cara a nos. Demostra claramente descoñecer a situación real do tráfico da zoa, que recolle o testiño dun plan xa redactado con anterioridade e que o único que fixo foi votar a andar unha idea e un proxecto que o día de hoxe quedou anticuado. Argumentar que non é prioritario esta ampliación ata o Grove e descoñecer os ritmos do trafico durante as distintas épocas do ano, simplifica os seus argumentos dunha forma cicateira para saír do paso, confirma o descoñecemento e a realidade do noso Concello, da comarca e do turismo da nosa costa. Tamén resulta irónico ver a certos alcaldes da comarca defender esta ampliación o noso Concello canda antes estaban calados como pitiños. Durante o acto de onte tiven a ocasión de saudar e intercambiar impresións co Presidente da Xunta, o señor Touriño, xunto con compañeiros locales do PSOE sobre este asunto. A compañeira Aida lle falaba da necesidade da ampliación y eu explicáballe o problema real do tráfico co que nos topamos cada día e nas épocas de vran. Comentounos sobre a posibilidade da ampliación dentro dun marco de actuación de estradas en toda Galicia....etc., en definitiva que non nos toca ata dentro de non sei cantos anos. E encima a Conselleira nos “alegra” o día confirmando esta circunstancia. Podo confirmar polo tanto que seguimos na mesma liña de illamento que co anterior goberno da Xunta. Ou dito de outro xeito, O Grove non é un Concello turístico importante e que os problemas de tráfico que padecemos o cruzar esta vía so son reais dende Sanxenxo ata Curro. Vergonzoso e lamentable. A coherencia demostrase falando, actuando e utilizando os mesmos criterios aínda que “gobernen os nosos”, non se pode mudar con tanta facilidade de pel e que isto non teña ningún tipo de repercusión.


No mesmo acto no que se oficializoua a integración de Independentes de O Grove

PRESENTACIÓN DA XESTORA DO P.G. EN O GROVE


 

ALFREDO BEA e LOURDES SOUTULLO ASUMEN A DIRECCIÓN EXECUTIVA DUNHA XESTORA NA QUE SE PRODUCIRÁN IMPORTANTES INCORPORACIÓNS DE INMEDIATO

 

 

ALFREDO BEA, Presidente da Xestora do P.G. no Grove é o deportista Galego que máis veces ten participado en Olimpiadas e que acredita máis Diplomas Olímpicos. Nomeado Fillo Predilecto do Grove en 1992 e Fillo de Honra en 1996, leva sendo finalista, desde 1993 ata o 2005 en Olimpiadas, campeonatos de Europa e do Mundo, 3 veces Subcampeón do mundo de piragüismo, 3 medallas en campeonatos de Europa, 60 veces campeón de España de piragüismo, 3 Medallas de ouro nos xogos do Mediterráneo e máis de 30 medallas en Regatas Internacionáis.

 



<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 Next >>

Content Management Powered by CuteNews
Documento sin título
.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.
  - Copyright (c) 2004 Partido Galeguista -  
contactar
buscador web
webmail
porta