Independentes de O Grove intégrase no P.G.

En rolda de prensa que terá lugar no Grove, o venres 3 de Febreiro, Independentes de O Grove oficializará a súa integración plena no Partido Galeguista, converténdose así na SEXTA formación política que se suma ó proceso de unificación do Galeguismo que puxo en marca o P.G. no seu VIII Congreso.
Na rolda de prensa, á que asistirán o Presidente e o Secretario Xeral do P.G., Xabier González e Manoel Soto, xunto co Vicesecretario Xeral Francisco López Franco “Chesqui”, servirá tamén para presentar a Xestora do P.G. no Grove e debuxar as liñas de actuación no Concello de O Grove do concelleiro Galeguista.
O GROVE, Rolda de Prensa
Venres, 3 de Febreiro 2006
12, 30 horas, "Cafetería Isolino" (Rúa Castelao)