Documento sin título  
Documento sin título
.:: PG ::. O Grove
VERQUIDOS NO GROVE DENUNCIADOS POLA COFRADÍA SAN MARTIÑO DE O GROVE, artigo 09 setembro 2006

Preocupados polos acontecementos denunciados pola Cofradía de San Martiño nos distintos medios de comunicación, o Partido Galeguista vaise reunir hoxe mercores as 19h, coa Cofradía para interesarse polo acontecido.

Lexos de mirar para outro lado, somos moi sabedores da contaminación de algunhas das nosas prais por augas fecais. De feito nestes últimos orzamentos conquerimos incluir unhas partidas destinadas a saneamentos que mellorarán sensiblemente estas carencias, mais, tamén, a necesaria e urxente posta en marcha da nova Planta EDAR prometida pola Consellería de Medio Ambiente, que a este ritmo tampouco a veremos para esta lexislatura.

Faise necesario pois, artellar unha serie de actuacións encamiñadas a solucionar este tipo de verquidos, e que a Xunta diseñe dunha vez por todas un mapa de necesidades reais de depuración de augas residuais para as distintas Rias Galegas e como non, para a Arousa.


Onte Mércores mantivemos unha reunión con veciños da Parroquia de San Vicente que nos solicitaban o noso apoio a unha proposta de convenio para a zoa de Raeiros.

En primeira instancia falamos da súa proposta de convenio e os benficios que tería para o noso Concello.

En segundo lugar lles fixemos un resumo de cal foi o xermolo do PXOM, en como se respetou as anteriores cualificacións dos solos habidos nas anteriores Normas Subsidiarias (NNSS) do 96. E que as citadas NNSS foron elaboradas e votadas favorablemente polas forzas políticas do PSOE, BNG, PP, EU e en última instancia e por petición expresa do por aquel entonces alcalde do PSOE Antonio Galiñanes votou a favor IdeG. En como se traballa e vota nas Comisións onde cada grupo político ten un so voto dun total de 5 independentemente do número de concellais.

Tamén lles fixemos ver que, entendendo o punto de vista dos propietarios por cualificar favorablemente os seus terreos, esta proposta de convenio xa non foi tida en conta nun principio pola Comisión de elaboración do PXOM por que no seu momento xa existía no conxunto do Grove un exceso de edificabilidade, indicación feita pola propia Xunta de Galicia (gobernada polo PSOE). E tamén se lles falou os alí presentes e a empresa, da nosa dispoñibilidade por dar unha solución as pretensións dos cidadáns alí reunidos. De feito fixemos unha proposta que nos estariamos dispostos a estudiar si se presenta na Comisión de elaboración do PXOM.

Nos veriamos con vos ollos que na zoa proposta se puidese dar un uso hostelero de calidade maior do que se propón.  Que se reduza sensiblemente o uso residencial ou incluso non incluílo.

Que se construía no citado emprazamento un Parque Temático No Partido Galeguista veriamos con vos ollos a defensa dunha zoa Hostelera – Comercial – Lúdica que fose referencia en Galicia e punteira no sector do turismo galego, onde se combinen os intereses mais que xustificados e lícitos do propietarios dos terreos, e os intereses da empresa ou empresas que desexan facer a promoción.

E todo elo tendo en conta a edificabilidade resultante no conxunto do Concello de O Grove para que a Xunta no vote abaixo o PXOM, tan necesario e vital para o futuro do noso pobo.

Noutro orden de cousas manifestar a nosa satisfacción pola obra feita no pabellón do Colexio Conmeniño. E unha obra inserteada no presuposto que vimos de aprobar recentemente. As entidades deportivas xa poden disfrutar dunha mellora considerable nesta instalación. O nova formulación feita na pista de xogo gañando en amplitude, a incorporación de gradas para o público no campo e a remodelación da entrada farán mais atractivo practicar deporte e gañamos en comodidade para o público.

Os galeguistas tamén queremos manifestar a nosa satisfacción polo discorrer doutra obra incluída no presuposto como é o arranxo do camiño de Ardía. Xa está canalizado o mesmo e resolto o firme, pronto de procederá o asfaltado final polo que en breves datas estos veciños poderán aceder as súas vivendas con toda comodidade.


Diante das obras de mellora do entorno do barrio de Rons, o Partido Galeguista, e co ánimo de mellorar a seguridade dos veciños e visitantes, e coa intención de mellorar medioambientalmente o entorno; SOLICITA:
• Unha copia íntegra do proxecto que nesa zoa se está a desenrolar.
• Que se verifique a situación dunha casa en estado ruinoso que se atopa a pe de praia e que pode supor un perigo para nenos e persoas en xeral dado o seu evidente estado de abandono.
• Que se retire inmediatamente unha batea que se atopa varada e abandonada na praia. Que se inicie unha investigación para saber quen é o seu propietario para despois pasarlle os custos do traslado e eliminación do artefacto, agás do conseguinte multa si fose preciso por tal abandono.
• Que esta mellora do entorno constitúa un incentivo para manter o longo do ano o areal en condicións de uso e disfrute de veciños e visitantes.
• Que tal e como pedimos na nosa proposta de presuposto, se mellore e se actualice o parque infantil do lugar sito o lado da gardería. O igual que o entorno do parque que se atopa con arbustos demasiado altos.
• Que se dote o lugar de aparcamentos para bicicletas. Para elo propoñemos un aparcadoiro nas inmediacións da gardería, tres o logo da praia, e un abeira do Club de Remo Mecos, pois son moitos os rapaces e cidadáns que se desprazan ata alí en este medio, o cal axuda moito a discorrer do tráfico no lugar e o medio ambiente.
Creemos que esta serie de medidas incidirán notablemente no proxecto que está en marcha e que redundará na mellora e calidade de vida dos veciños.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 Next >>

Content Management Powered by CuteNews
Documento sin título
.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.
  - Copyright (c) 2004 Partido Galeguista -  
contactar
buscador web
webmail
porta