PARTIDO GALEGUISTA: UN IX CONGRESO PARA A IDENTIDADE.
Os Galeguistas debemos traballar. A Ilusión e a responsabilidade por artellar para o país unha nova opción alternativa ó tripartito parlamentar e un nacionalismo diferente, debenos xuntar en torno a unha mesa común de debate e de respeto ás diferentes sensibilidades do Galeguismo, mais a mesa debe ser forte, cando menos nos seus pés para que non tambalee e amose unha plataforma estable sobre o cal colocar proxectos válidos para a nación. Debemos os Galeguistas saber observar un voto de castigo claro e irrefutable ás nosas candidaturas nas pasadas eleccións municipais do 27 de maio. A cidadanía galega dixo que hoxe non somos unha forza política de confianza. E debemos traballar cá ilusión de denantes do 27 de maio, mais uníndonos en torno máis que nunca no Galeguismo que a sociedade demanda, e que sen lugar a dúbidas aínda estamos a tempo de poder ofrecer con humildade e servizo. Os Galeguistas debemos ver o noso fracaso pasado e ver o futuro con serenidade. Estou persuadido que se produxeron diversos factores que deben levar á reflexión e á constitución dunha liña de acción política que defenda determinados conceptos-forza no vindeiro IX Congreso do Partido Galeguista.
Nós non fomos unha forza política nacional. É evidente que confundimos a noción política de proximidade cá noción de partido político municipalista. Non fomos quén de artellar unha linguaxe política de país, de proxecto xeral e de futuro. A cidadanía perdeuse nos múltiples mensaxes que emitimos nas diferentes candidaturas, radialmente diferenciadas entre as Agrupacións Municipais das grandes cidades de A Coruña, Ourense ou Vigo, e radialmente diferenciadas no resto do territorio nacional. Deste xeito, as candidaturas do PG convertéronse nunha sucesión de reinos de taifas ou satrapías, que dende a Executiva Nacional non soubemos encauzar e educar nun proxecto nacionalista moderado e en galego. É evidente recoñecer unha crise de eido ideolóxico e de norte político, que o IX Congreso debe sofocar.
Debe ser un Congreso para a identidade, a identidade do PG actual perdida ou nunca atopada. Galiza necesita para o futuro dun partido político para o futuro, Galiza necesita do PG que saia do IX Congreso, que ó meu modo de ver debe respostar ás aspiracións dun grande número de nosos concidadáns: unha forza política que practique todo-los días o postulado na nosa Proposta Galeguista para o novo Estatuto de Autonomía: unha forza política nacionalista galega, que agrupe ás sensibilidades moderadas e non rupturistas, Centrado, non radicalizado, Moderado, que postule un progresismo de eido social que eleve a universais prestacións públicas sociais en déficit no noso país con respeto ó Estado, que profundice na racionalización da Administración Pública Galega galeguizandoa e actualizando o seu servizo ós cidadáns, unha forza política que non rexeite a pluralidade da sociedade galega que non é uniforme nin monolíngüe, garantindo de verdade o respeto ós dereitos e liberdades individuais, mais empregando a língua própia de xeito exlusivo nas súas manifestacións públicas e os nosos sinais externos e senlleiros de identidade nacional. Pois todos sabemos que facer algo diferente a esto é fallar ó sentido común do PG, e a sociedade galega tamén o sabe, e ben o amosou nas eleccións do 27 de maio do 2007.
Galizia necesita dunha forza política organizada que traballe polo que nin as duas forzas políticas españolas nin o BNG ofrecen: recoñecer a realidade dunha economía galega encardinada de xeito irreversible na Unión Europea, e obviando o debate independentista que só existe no marketing político. O soberanismo do PG debe ser aquel posible, facendo relidade a máxima de que a política debe ser a arte do posible: é dicer, recoñecendo sen complexos que a nosa identidade nacional é a galega, e non a española, e reafirmando o convencemento na continuidade do Estado democrático e de dereito actual, e nas súas institucións, asumindo a solución federal para a nosa nación como o idoneo fín do debate territorrial, porque é o mellor para Galiza, Euskadi e Cataluña, mellorando o sistema autonómico e o Prinicipio de Responsabilidade do Estado unitario descentralizado actual.
A vontade de ser protagonista nos gobernos do futuro debe mover ó IX Congreso a traballar nunha dirección do PG centralizada e directiva nos conceptos clave xerais para lograr os obxectivos que mencionei, pois Política de Proximidade non significa insolidariedade ou unilateralidade dos diferentes gobernos municipais, senón que o interés xeral debe primar na dirección nacional do PG.
O IX Congreso debe supor, en fín, a superación do proceso doloroso de incardinación do PG na oferta política do noso país, e debe iniciar o apaixoante deber da posta a ponto do corpo doctrinal para o país que queremos, rematando cá condenable peaxe que supoñen candidatos do PG que non son nin homes de partido válidos, advenedizos das siglas,. nin son galeguistas.
Suso Martínez
Coordinador Provincial do PG en A Coruña.