A Estrada recibe unha das peores noticias relacionadas co urbanismo local: O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula as normas transitorias ditadas pola Xunta en materia de urbanismo.
Desde a agrupación local do Partido Galeguista, alertamos da situación que se podería producir no suposto caso de que a nosa vila tivese que volver ás normas urbanísticas de 1978, unhas normas que non permiten o desenvolvemento ordenado de todo o Concello estradense, sen entrar a valorar as responsabilidades políticas que se poderían acadar
Todos os veciños da Estrada temos a responsabilidade de ser coherentes en relación á redacción dun novo PXOM, sendo prudentes á hora de manifestar a nosa postura de cara á sociedade estradense, e en canto aos políticos que actualmente teñen a encomenda de gobernar, aínda cabe pedirles máis responsabilidade. Cómpre un pacto de gran altura de todos os partidos políticos para lograr a aprobación do documento, ao goberno local pedímoslle transparencia e humildade, á oposición suxerímoslle que deixe de criticar por sistema para obter réditos políticos.
A nosa vila sofre un atraso importante en materia de vias de comunicación, de solo industrial ou de humanización entre outras, sen esquecernos dun dos problemas fundamentais do noso rural como é o saneamento.
Desde o PG, seguiremos traballando para que a nosa sociedademellore, intentando dignificar cada día máis a actividade política.