Documento sin título  
Documento sin título
.:: PG ::. A Estrada

O Sábado, 29 de agosto, celebrouse na Illa dá Toxa, a xuntanza do Consello Galeguista, á que asistiron os conselleiros estradenses en representación da Xunta Municipal da Estrada.

Segundo nos relátan, foi unha xuntanza do C.G. na que se tomáron importantes acordos, entre os que están o nomeamento da figura de vicepresidente ou a elección dos novos responables executivos, encargados todos eles de conducir ao Partido Galeguista a ser unha formación política que defenda con moderación os intereses do pobo galego.


Dende a Xunta Municipal da Estrada, os galeguistas estradenses queremos felicitar tanto ao novo vicepresidente do Partido, D. Anxo Rodríguez Conde, como aos novos membros da Executiva Nacional que foron designados polo Consello Galeguista e que xunto cos demais executivos e co Presidente á cabeza, D. Manuel Xesús Suarez García, realizarán un traballo serio e comprometido coa sociedade galega, que tan demandado é, nos nosos días.


Entre os importantes acordos tomados polo Consello Galeguista, case todos eles aprovados por unanimidade, figura a ratificación do actual Comité de Garantías do Partido que preside D. Manuel Elías Pérez Alvarez. Tamén se acordou en pórse a traballar na creación dun Regulamento Interno de Garantías Democráticas dos Afiliados/as.




<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Next >>

Content Management Powered by CuteNews
Documento sin título
.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.
  - Copyright (c) 2004 Partido Galeguista -  
contactar
buscador web
webmail
porta