Documento sin título  
Documento sin título
.:: PG ::. A Estrada

O candidato a presidencia do Partido Galeguista,acompañado de varios militantes, presentouse ante os cidadans de Sada, para explicar o programa da sua candidatura de cara o X congreso do PG.



Francisco López Franco, máis coñecido como Chesqui, aspira a presidir ao Partido Galeguista (PG) desde o congreso inicialmente previsto para o 14 de xuño. Pero é que, ademais, ten todo ao seu favor para conseguilo, pois despois dun par de anos nun discreto segundo plano, agora salta á primeira liña de acción política cargado de apoios e quizais con máis ganas que nunca.
Polo menos así se desprende da posta en escena ofrecida onte, onde o candidato, militante do PG desde fai 28 anos, veciño e ex concelleiro do Grove, fíxose arroupar por diferentes responsables de agrupacións locais de toda Galicia, as mesmas que, nun 85%, déronlle xa o seu apoio tanto verbalmente como por escrito.
Para non deixar dúbidas, o propio Chesqui presentou eses avais, e despois deu paso aos portavoces das diferentes agrupacións presentes para que eles mesmos explicasen o por que Do seu apoio a este candidato.
O resumo é que todos queren renovación, e sobre todo “queremos un Partido Galeguista de verdade”, para o cal “é fundamental cambiar de rumbo de maneira drástica” .

Ese é a mensaxe global lanzado onte por Chesqui e súas afíns, nunha roda de prensa ofrecida en Vilagarcía de Arousa.
A outra mensaxe é que as agrupacións do PG en Rois, Frades, Touro, Oroso, Noia, Ordes, A Coruña, Meaño, Samos, Sada, Sanxenxo, A Estrada, Padrón, Porto do Son e Cambados apoian a Chesqui como candidato, ao igual que o  fan as agrupacións de Bruxelas e Bos Aires.
Con ese 85% de avais baixo o brazo e a intención de chegar ao 100%, pero sobre todo coa fundada esperanza de converterse en presidente do PG, Chesqui ofrece experiencia, unha incontestable traxectoria política e social, ganas e, sobre todo, as credenciais de haber exercido como galeguista case desde neno.
A isto hai que sumar que, a diferenza do ocorrido noutras ocasións, e incluso a diferenza do que acontece noutras formacións políticas, esta vez as agrupacións locais do PG decidiron liderar o movemento de renovación dando un paso á fronte co que apoiar a Chesqui.
A mellor mostra desa implicación e incluso o exemplo palpable da especie de revolución interna que se vive no PG son as asembleas convocadas nas diferentes agrupacións para, tomar o acordo de posicionarse a favor do candidato grovense.
Fano, aseguran, porque “o galeguismo debe reverdecer”, porque “esta formación pode chegar ao Parlamento” e porque os galegos “están cansos da mensaxe lanzado de forma repetida e baleira polas formacións clasistas de sempre”. Unha mensaxe no que, advirten, non debe caer o PG.

Contundentes mostras de apoio desde case toda Galicia
Orlando Villamayor, presidente da agrupación do PG da Estrada e membro da actual executiva nacional, di que o apoio a Chesqui débese “á súa valía, a súa honestidade, as súas ganas de traballar e o seu firme vontade de crear un partido que se non existise habería que inventar”.
Engadiu o estradense que o PG “nace de xente traballadora que pensa por e para Galicia, é un partido nacionalista galego, democrático, interclasista e progresista que quere lanzar unha mensaxe rigoroso e transparente, pero é tamén un partido que quere facer unha política diferente á que actualmente practican os demais partidos”.
Trátase de “unha política por e para os galegos, sen radicalismos, contando tamén con España e Europa”. Terminou dicindo que “desde A Estrada confiamos en Chesqui como a persoa idónea para ser o novo presidente”.
Ramón Rodríguez, presidente na agrupación de Rois e tamén membro da executiva e o consello nacional do PG, apostou por Chesqui e definiuno como “honesto, traballador e galeguista de pura cepa, con sangue azul e branca polas súas veas”.
Tamén quixo criticar ao BNG, por “colgarse as medallas dun galeguismo que está moi lonxe da súa filosofía”, asegurou que hai espazo político para que o PG sexa a curto prazo a cuarta forza política de Galicia e dixo que “Chesqui é o indicado para upar ao PG e traballar por Galicia deixando atrás exclusións, separatismos e cousas raras”.
Anxo Rodríguez, concelleiro do PG en Padrón, ofreceu a Chesqui o mesmo apoio que lle brindou Eduardo Rubianes, presidente da agrupación de Sanxenxo, quen cre ao candidato grovense “o único capaz de sacar o partido adiante”.
Juan Otero, da agrupación do Grove, cuestionou os intentos por frear a escalada de Chesqui e ofreceulle tanto o seu apoio como o doutros compañeiros mecos, mentres que Pedro Agustín Agra, presidente do PG en Sada, apostou porque o PG sexa “a casa común de todos para construír unha sociedade galega que hoxe precisa máis que nunca a este partido, xa que todos os que din ser galeguistas non teñen en realidade nada que ver co galeguismo”.
Francisco Bugallo, en representación de Cambados, cualificou a Chesqui como “a persoa idónea” para liderar á formación “e crear unha gran agrupación galega na que a xente se senta a gusto”.




<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Next >>

Content Management Powered by CuteNews
Documento sin título
.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.
  - Copyright (c) 2004 Partido Galeguista -  
contactar
buscador web
webmail
porta